Poemas birollos para ler cos olhos.

Os nenos e nenas de e 4º Canso foron os escollidos para participar na animación á lectura desta semana e para coñecer a obra de Fran Alonso.

Este poeta e escritor, axúdase de cancións infantis e  concibe a poesía como algo lúdico e divertido.

Os poemas, na súa opinión, nacen de dúas formas fundamentais: a poesía visual e a oralidade. 

Bota man de elementos gráficos para facer os poemas que se lean como se fosen cadros.

Animación á lectura con 6º: Ledicia Costas

Unha de animación á lectura! Canso

Os nenos e nenas de prepáranse con ilusión para recibir a Ledicia Costas, namentres o #Equipo de biblioteca Guay prepararou para eles, unha divertida animación á lectura, cun doce agasallo final!

 

Os nenos e nenas de 6º aprenden a usar a biblioteca!

Hoxe os nenos e nenas de

aprenden a usar a Biblioteca Guay!

Vota unha ollada Guiño!

 6ºA 

 

 

 6ºB

 

 

 

León de biblioteca

Un león na biblioteca?

Vichédes algo semellante algunha vez?

Os nenos de nenas de 1ºA e 1ºB desfrutaton desta marabillosa animación á lectura!

 

Os nenos e nenas saben que namentres o león respete as normas (non hai ningunha que impida a entrada dun león na biblioteca).

Pode ulir os libros, axudar a limpalos e, o que máis lle gusta, estar na hora do conto!

Pero... o señor Mosquera molétalle esta peluda presenza, que non molesta a súa xefa, a directora, sempre e cando o animal garde un estricto cumprimento das regras. Até que un día,  ante un acontecemento inesperado, o león sáltase as normas! 

 

 

 1ºB

 2ºB

 

León de biblioteca é un fermoso album ilustrado que fala de convivienca e sentido comuún, da amistade entre seres diversos e o marabilloso mundo da biblioteca.

 

 

 

 

 

 

Os profes aprendemos a usar a Biblioteca.

 

O martes 10 de outubro os Profes aprendemos como usar a biblioteca, como facer empréstitos ou devolucións, en fin, como funciona a recén inaugurada #biblio-caselles! Guay

 

Vota unha ollada!

 

 

 

 

Ledicia Costas inaugura a Biblio-Caselles!!!

 

 

Chegou o día!

Un venres, pero non calquera,  Ledicia Costas chego ben cedo ao CEP Pedro Caselles!

Que quen é e  porque se ergueu tan cedo para visitarno???

Pois porque hoxe inaugurábamos a biblio despois de moito traballo e esforzo, e para iso necesitábamola a ela, a Lecidia!

Unha viguesa, neta dun inventor e filla de dous creadores de soños. Escritora dende que ten memoria. Gañadora de premios e certames literarios con Esmeraldina, a pequena defunta, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, A señorita Bubble ou Escarlatina, a cociñeira defunta. 

Ledicia síntese poeta con alma de equilibrista, porque recita nos lugares máis propicios ás caidas como no bus, no supermercado ou tendas de conxelados. 

Leva calcetíns desparexados e é escritora a tempo completo. 

 

 

SUSA HERRERA NA BIBLIOTECA

Este venres, nenas e nenos de 1º e 2º curso tiveron a súa actividade para inaugurar a biblioteca. Susa Herrera fixo as delicias dos máis pequenos do colexio coa súa música.

Para ver mía fotos preme na imaxe

Estreamos a biblioteca

O día 29 estreamos a nova biblioteca, chea de novidades.  Neste video podedes apreciar o proceso de transformación que tivo.

 

Ven ao Caselles

Ven ao Caselles, o noso video promocional dos artistas que temos no colexio

 

ven ao cep pedro caselles from Alfonso Lorenzo on Vimeo.

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe na nosa biblioteca estivemos conmemorando o día da muller traballadora cun xogo de "Quen é quen?". Nun mural cheo de fotos de homes e mulleres, tiñan que asociar cada imaxe cun oficio, só que as veces tendemos a asociar certas profesións con certos sexos, e o noso era un xogo para desmontar roles e estereotipos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer