CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

blogue derosa_outeiro

CRÓNICAS DO CONFINAMENTO

Nesta pequeno lugar iremos metendo todas aquelas cousas que os nenos e nenas de 2º foron facendo nas súas casas durante o seu logo confinamento por mor do coronavirus.

 

 

 

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO


E a última semana deste curso tan estraño xa chegou, quen nos ía a dicir que sería desta maneira? Primeiro gustaríanos volver darvos as grazas tanto ás familias como aos nenos e nenas que desde as vosas casas sempre destes o mellor, facendo que a nosa labor fose máis sinxela. Todos sabemos e recoñecemos que non foi a mellor maneira de dar clase e que o colexio e todo o que conleva non se pode substituír cun ordenador, pero entre todos conseguimos que esta tarefa fose o máis levadeira posible. Moitas grazas pola vosa colaboración.


E agora sí vos deixamos a última programación para este curso tan aloucado.


LUNS

FOTO1 E FOTO2


MARTES

FOTO1 E FOTO2


MÉRCORES

FOTO1, FOTO2 E FOTO3



XOVES


Fai un debuxo para dedicarllo aos teus compañeiros e compañeiras, mándanos unha foto ao wasap e crearemos un vídeo para celebrar o final de curso. Sede creativos , podedes utilizar todo tipo de materiais…..
VENRES
Traballo das especialidades, no lateral esquerdo de:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceppedrocaselles/bloguedesegundo

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO


Pasiño a pasiño xa estamos na segunda semana de xuño e sen perder o espírito de traballo!!! Quédanos moi pouquiño para este final de curso tan peculiar.

Na parte inferior tedes as actividades en formato pdf por se queredes imprimilas.


LUNS 8

FOTO1, FOTO2 E FOTO3



MARTES 9

FOTO1, FOTO2



MÉRCORES 10

FOTO1, FOTO2 E FOTO3


XOVES 11

FOTO1, FOTO2 E FOTO3


VENRES 12
Traballo das especialidades, no lateral esquerdo de este blog.

 

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO


Pois xa está aquí!!!, Xuño xa chegou e que calor nos trouxo…
Xa nos quedan apenas tres semanas de curso, ánimo que isto está a piques de rematar!!!
Esta semana deixámosvos as seguintes propostas, lembrade que podedes imprimir as fichas ou facelas directamente no caderno. Na parte inferior tedes as actividades en formato pdf por se queredes imprimilas.
LUNS 1

FOTO1 E FOTO2


MARTES 2

FOTO1 E FOTO2


MÉRCORES 3

FOTO1, FOTO2 E FOTO3


XOVES 4

FOTO1, FOTO2, FOTO3 E FOTO4


VENRES 5
Traballo das especialidades no lateral esquerdo do blog.

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO


Bos días, xa volve ser luns e pese ao confinamento as semanas pasan voando, imos a por a última semana de maio, grazas por seguir ao pé do canón!!!
Estas son as actividades que vos deixamos para esta semana:


LUNS:
 Libro “O asubío do vento do norte” ler desde a páxina 98 ata a páxina 99 e fai os exercicios da imaxe na libreta de lingua. Copiamos con azul o enunciado e facemos con lapis.

FOTO

-Matemáticas: Facer os exercicios, recordade, cópiase con boli e faise con lapis

FOTO

MARTES:
-Matemáticas: Facer os exercicios, recordade, cópiase con boli e faise con lapis

FOTO 1 E FOTO 2


-Ficha de lengua (As fichas  de lengua podedes imprimila ou facela directamente no caderno)

FOTO

MÉRCORES:
-Ficha de lengua: FOTO
-Ficha de matemáticas: FOTO
XOVES:
-Ficha de matemáticas: FOTO
-Ficha de lengua: FOTO

VENRES:
Traballo das especialidades, no lateral esquerdo desta páxina.

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Bos días, paso a paso xa estamos na segunda quincena de maio e seguimos traballando desde casa, e aínda que nos gustaría estar xa dando clase dunha maneira máis normalizada, de momento non é posible, ánimo que xa queda menos!!! Estas son as actividades que vos deixamos para esta semana:

LUNS

-Ciencias: Copiar punto 5 (Augas superficiais e subterráneas) e punto 6 (Usos da auga)

FOTO1 E FOTO2

 Debuxo de apoio para o puto 5, recordade que non é necesario facelo FOTO

 

MARTES:

-Ficha de lengua (A fichas de lengua podedes imprimila ou facela directamente no caderno) FOTO

-Matemáticas: Facer os exercicios, recordade, cópiase con boli e faise con lapis FOTO

MÉRCORES:

-Libro “O asubío do vento do norte” ler desde a páxina 94 ata a páxina 96 e fai os exercicios da imaxe na libreta de lingua. Copiamos con azul o enunciado e facemos con lapis. FOTO 

XOVES:

-Ciencias: Copiar punto 7 (¿Cómo aproveitar a auga que usamos?) FOTO1 E FOTO2

ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN: Lembrade que estas actividades NON son obrigatorias. A continuación deixámosvos unha serie de ligazóns que vos levan a unhas propostas de experimentos con auga e a manualidades relacionadas co ciclo da auga Experimentos: FOTO1, FOTO2

Manualidades: FOTO 

Matemáticas: Facer os exercicios, recordade, cópiase con boli e faise con lapis FOTO 

VENRES: Traballo das especialidades, no lateral esquerdo da páxina

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Bos días outra semana máis de confinamento, esperando pola normalidade. E gran familia de 2º curso seguimos ao pe do canón. aquí vos deixamos a programación para esta semana, recordade que tedes que facer dentro das vosas posibilidades, sen agobios.

LUNS 11

Libro de “Lengua”, azul escuro, taller de xogos, rematamos as dúas que nos quedaban: Fichas 14 e 15

Matemáticas: Facer os exercicios, recordade, cópiase con boli e faise con lapis

FOTO1 E FOTO2

  MARTES 12

Libro “O asubío do vento do norte” ler desde a páxina 87 ata a páxina 92 e fai os exercicios da imaxe na libreta de lingua. Copiamos con azul o enunciado e facemos con lapis.

FOTO 1

 Escribe na libreta de mate: De 2 en 2 desde 760 a 840 De 3 en 3 desde 480 a 570

MÉRCORES 13

Matemáticas: Facer os exercicios, recordade, cópiase con boli e faise con lapis

FOTO 1 E FOTO2

  Na libreta de Lengua, escribe en castelán, unha oración con cada palabra(Son 5 oracións, unha por palabra, que sexan longas e recordarlles empezar con maiúscula e rematar en punto) ambulancia, hormiguero, hamburguesa, habitación, pájaro

XOVES 14

Hoxe imos facer actividades polo Día das letras galegas, cando remates manda foto do traballo para facer vídeo conmemorativo:

1- Na libreta de lingua escribir con letras de pintar ou rellenar 17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

2-Despois debaixo copiar con boli vermello e azul(según foto) unha breve biografía de Carvalho Calero, tal e como está na imaxe

FOTO

 3-Cando remates copia este pequeno fragmento dun conto de Carvalho Calero (primeiro rotulas o título e logo copias con bolígrafo)

FOTO

  4-Como remate debuxa un fermoso galo e píntao de moitas cores, como lle gustaban a Carvalho Calero. Se non sabes ben como podes seguir os pasos deste vídeo

 

VENRES 15

Traballo das especialidades, no lateral esquerdo de https://www.edu.xunta.gal/centros/ceppedrocaselles/bloguedesegundo

ACTIVIDADES 2º PRIMARIA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Bos días!!!! Outra semana máis aquí, primeiramente gustaríanos darvos as grazas a todas as familias polo traballo que estades a realizar e a implicación e enerxía que poñedes nas actividades que mandamos, mesmo nas voluntarias!!! A verdade é que nolo poñedes moi fácil e agradecemos moito o voso esforzo.

 

Esta semana imos comezar un tema novo de ciencias naturais que se titula “A auga”. Para dar este tema, imos mandarvos unhas fotos coas explicacións , uns vídeos titoriais para algunhas actividades e ligazóns a vídeos de youtube para poder realizar experimentos.

 

A partir de agora imos deixar un día á semana para que poidades facer os exercicios dos especialistas, concretamente os venres, pero como esta semana o venres é 1 de maio e non é día lectivo deixarémosvos o traballo dos especialistas para o xoves.

 

Gustaríanos lembrarvos que as actividades de ampliación son voluntarias e que se nalgún momento vos sentides angustiados pola cantidade de traballo que mandamos ou tedes algunha dúbida, podédesvos poñer en contacto connosco sen ningún problema.

Deixámosvos a programación para esta semana:

Matemáticas: ao largo desta semana rematar o cuaderniño, os que xa o fixeran que repasen táboas, operacións e problemas na libreta

LUNS 27

Ciencias: Na libreta de ciencias, empezando nunha páxina en branco debuxar a portada según os pasos do video

 

 Copiar o índice, e copiar o punto 1 (a auga). Premede na palabra para acceder a imaxe.

ÍNDICE e PUNTO 1

MARTES 28

Libro de lengua: azul oscuro: Taller de juegos, ficha 10

Ciencias: Copiar o punto 2 (Propiedades da auga)

PUNTO 2

 

MÉRCORES 29

 Ciencias: Copiar o punto 3 (Estados da auga), debuxar estados da auga e poñerlles o nome.(Por exemplo: un cubito de xeo, un vaso con auga, unha tetera con vapor). Libro de lengua (azul oscuro)

PUNTO 3

 

Libro de lengua:Taller de juegos, ficha 11

XOVES 30

Traballo dos especialistas, na marxe esquerda podedes ver os contidos dos especialistas (Departamento de orientación, música, educación física, inglés e relixión).

Dentro de cada un deses apartados podedes atopar as actividades que se expoñen para segundo, así como a preferencia de cada especialista para poder enviarlles as actividades. Se tedes dificultades para atopar as actividades poñédevos en contacto connosco e axudarémosvos. 

Correos profes especialistas:

Música:musicacaselles@gmail.com

Educación física: efcaselles@gmail.com

ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN

-Ditado de lingua: A miña amiga Águeda regaloume unha gorra e uns guantes polo meu aniversario. O guía que nos acompañou chámase Gonzalo. Hoxe pola mañá fun á peixaría.

-Dictado de lengua: En el mercado de Tomiño venden berenjenas, calabacines y calabazas. En la biblioteca hay libros que no se prestan, solo son de consulta. Los árboles florecen en primavera.

-Ditado de número: uns 10 números comprendidos entre o 0 e o 999.

CRÓNICAS DO CONFINAMENTO

Nesta pequeno lugar iremos metendo todas aquelas cousas que os nenos e nenas de 2º foron facendo nas súas casas durante o seu logo confinamento por mor do coronavirus.

 

 

ACTIVIDADES 2º PRIMARIA DO 20 AO 24 DE ABRIL

DÍA DO LIBRO

O xoves é o día do libro, así que esta semana faremos algunhas actividades especiais!!!

 

LUNS 20

-Libro de lengua, verde oscuro tarea 19(pax. 45 a 49) -Cuaderniño de mate 1 páxina

MARTES 21

-Escribide unha historia onde contedes coas vosas palabras que é o que está a pasar, inventarvos un final contando cando creedes que poderemos volver saír e como será. Podedes facer un conto, un cómic, unha historieta con debuxos….. O que queirades !!!

-Non hai libro sen portada, así que vos toca debuxar unha portada para esa historia e inventarvos un título.

-Este traballo podedes facelo na libreta ou en folio, como mellor queirades. Se podedes sacade foto e mandade

MÉRCORES 22

-Cuaderniño de mate 1 páxina

- Imos facer un marcapáxinas, deixámosvos algunhas ligazóns para que vexades exemplos, estes marcapáxinas, xa os fixemos en clase, vós podedes elixir o modelo que máis vos guste ou inventarvos algún.  

XOVES 23

-Detectives: Investiga porqué o 23 de abril é o día do libro. Escribe na libreta con letras rotuladas: “23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO” Logo con axuda da túa familia busca en internet porque hoxe celebramos o día do libro, e despois escribe con boa letra: O 23 de abril é o día do libro porque…e completa a frase

-Cóntanos cal é o teu libro favorito, se te atreves podes facer un libro despregable!! Deixámosvos ideas, lembra que podes ser todo o creativo que queiras!!!

VENRES 24

- Libro de lengua: azul oscuro: Taller de juegos, fichas 6 ,7, 8 e 9( No exercicio 2 da páxina 7, simplemente que invente cada un o seu propio cadro)

- Cuaderniño de mate 1 páxina

Distribuir contido