Iniciar sesión |
SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIOBos días outra semana máis de confinamento, esperando pola normalidade. E gran familia de 2º curso seguimos ao pe do canón. aquí vos deixamos a programación para esta semana, recordade que tedes que facer dentro das vosas posibilidades, sen agobios. LUNS 11 Libro de “Lengua”, azul escuro, taller de xogos, rematamos as dúas que nos quedaban: Fichas 14 e 15 Matemáticas: Facer os exercicios, recordade, cópiase con boli e faise con lapis MARTES 12 Libro “O asubío do vento do norte” ler desde a páxina 87 ata a páxina 92 e fai os exercicios da imaxe na libreta de lingua. Copiamos con azul o enunciado e facemos con lapis. Escribe na libreta de mate: De 2 en 2 desde 760 a 840 De 3 en 3 desde 480 a 570 MÉRCORES 13 Matemáticas: Facer os exercicios, recordade, cópiase con boli e faise con lapis Na libreta de Lengua, escribe en castelán, unha oración con cada palabra(Son 5 oracións, unha por palabra, que sexan longas e recordarlles empezar con maiúscula e rematar en punto) ambulancia, hormiguero, hamburguesa, habitación, pájaro XOVES 14 Hoxe imos facer actividades polo Día das letras galegas, cando remates manda foto do traballo para facer vídeo conmemorativo: 1- Na libreta de lingua escribir con letras de pintar ou rellenar 17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2-Despois debaixo copiar con boli vermello e azul(según foto) unha breve biografía de Carvalho Calero, tal e como está na imaxe 3-Cando remates copia este pequeno fragmento dun conto de Carvalho Calero (primeiro rotulas o título e logo copias con bolígrafo) 4-Como remate debuxa un fermoso galo e píntao de moitas cores, como lle gustaban a Carvalho Calero. Se non sabes ben como podes seguir os pasos deste vídeo
VENRES 15 Traballo das especialidades, no lateral esquerdo de https://www.edu.xunta.gal/centros/ceppedrocaselles/bloguedesegundo |