CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

blogue derosa_outeiro

SUSA HERRERA NA BIBLIOTECA

Este venres, nenas e nenos de 1º e 2º curso tiveron a súa actividade para inaugurar a biblioteca. Susa Herrera fixo as delicias dos máis pequenos do colexio coa súa música.

Para ver mía fotos preme na imaxe

29 DE SETEMBRO, INAUGURAMOS A BIBLIOTECA!!!

FESTIVAL FIN DE CURSO 2017

Chega o verán e outro cuso que remata. Unha nova xeración que nos deixa, e coma xa é habitual despedímonos deles no tradicional festival fin de curso. O deste ano moi entretido e con predominio da música e o baile.

Para ver tódalas fotos preme AQUÍ

E os videos, están máis abaixo.

 

 

 

 

AULAS FÓRA

Que vai moita calor?

Que xa estamos cansos?

Pois non hai problema...aulas fóra!!!

E así debaixo da sombra e o fresco das árbores do patio lemos todos o díptico da aula da natureza, e falamos sobre todo o que aprendemos este ano sobre a prehistoria.

E xa que temos unha marabillosa mostra da arte románica ao ladiño do colexio, por que non aproveitar a ocasión. E aló nos fomos a aprender un pouquiño, so un pouquiño da importancia das pedras, falamos dos canteiros e dos seus traballos, de como traballaban daquela, de capiteles, canzorros, e de historia. Tamén falamos da importancia de coidar o noso patrimonio.

Para ver máis fotos preme AQUÍ

1º VISITA A AULA DA NATUREZA

Hoxe 1º curso subiu a ver a nosa aula da natureza, este ano dedicada a arte rupestre e aos mitos e lendas de Tomiño. Alí puideron gozar e rememorar todo o que se fixo nos obradoiros da semana das letras galegas e seguir aprendendo sobre a prehistoria.

FOTOS

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2017

Un ano máis, nenas e nenos do CEP Pedro Caselles, tiveron a súa excursión fin de curso.

Este ano cun paseo en barco que collemos no Grove, fixemos un pequeno paseo pola ría de Arousa onde visitamos unha batea. Alí nos explicaron o cultivo do mexillón, da ostra e da vieira. Coa visión submarina puidemos ver como é unha batea debaixo da auga. Tamén tivemos ocasión de dar de comer as gaivotas, menudas larpeiras!!!

Despois xantamos nun fermoso e fresco piñeiral ao lado da praia e xa saímos rumbo a praia de Portonovo. Pasámolo pipa!!!!

FOTOS

 

VISITA A EXPOSICIÓN IMAXINAR A EDUCACIÓN, 50 ANOS CON FRATO

O martes 6 e o mércores 7 de xuño nenas e nenos de 1º, 2º e 4º curso foron visitar e gozar da exposición "Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato".

Esta exposición que se pode visitar no Pazo da Cultura da cidade de Pontevedra, está adicada ao pedagogo italiano Francesco Tonucci . Nela, o alumnado do Caselles puido disfrutar das súas viñetas e libros, nas que este autor baixo o pseudónimo de FRATO intentaba reflectir os seus pensamentos sobre a educación, sempre con humor. Tamén viron e escoitaron datos biográficos do autor.

Pero do que máis disfrutaron foi da parte lúdica da exposición, cos obradoiros sobre a natureza, as letras e os xogos.

Para ver as fotos preme na imaxe.

 

BAILANDO AS TÁBOAS

O alumnado de 2ºA, en colaboración coa biblioteca, bailamos as táboas de multiplicar. Este baile consiste en representar factores con diferentes movementos corporais para que os compañeiros e compañeiras adiviñen o produto. Outra modalidade é que representen o produto e o resto do alumnado digan os factores. Desta forma lúdica aprendemos xogando e consolidamos as táboas de multiplicar.

 

CIENCIAS NATURAIS A TRAVÉS DOS LIBROS

En segundo, en colaboración coa biblioteca, cada vez que empezamos un tema de Ciencias Naturais, o alumnado trae libros relacionados coa temática. Neste caso empezamos o tema dos animais e estas son as aportacións da casa que nos trouxeron.

OBRADOIRO DE VERMES DE SEDA

Hoxe nenas e nenos de primeiro curso participaron nun interesantísimo obradoiro de vermes de seda. Organizado polo Concello de Tomiño e impartido por Mª José, todos aprenderon gran cantidade de cousas acerca do tema.

Os máis pequenos do Caselles xa levan uns meses ocupándose dos seus vermes de seda, pero hoxe aprenderon algo da historia destes bichiños e do marabilloso tecido que deles se obtén. Tamén puideron ver e tocar casulos de distintas cores e diferentes tipos de fíos e teas de seda.

Gracias a Mª José tamén comprobaron como se saca a seda dos casulos e como se fía. En fin, un obradoiro moi, pero que moi interesante.

Se queres ver todas as fotos preme na imaxe.

Distribuir contido