CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Educación musical

Ven ao Caselles

Ven ao Caselles, o noso video promocional dos artistas que temos no colexio

 

ven ao cep pedro caselles from Alfonso Lorenzo on Vimeo.

A RITMO DE CORAZÓN

Xoves e venres os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º curso tiveron unha clase de música diferente. Coñeceron distintos tambores africanos, cada un cun nome diferente. Tocaron os tambores, bailaron e ata cantaron unha nana senegalesa.

Impresionante este taller de percusión africana ofertado polo Concello de Tomiño!

Castañas asadas

Os nenos e nenas de todo o colexio, na clase de música, traballaron e desfrutaron coa canción  CASTAÑAS ASADAS do CD "O BURACO DOS MOUROS" de AIRIÑOS NOVOS DE PINZÁS. Aquí tedes unha proba do ben que o pasaron!

 

CONSTRUCCIÓN INSTRUMENTOS MUSICAIS

Como cada curso o alumnado do 3º ciclo construíu o seu instrumento musical coa colaboración da familia.

Os de 6º Curso xa son auténticos expertos e expertas na materia. Nos videos que amosamos a continuación podedes ver o que fixeron estes artesáns.

 

E aínda que este foi o primeiro ano para o alumnado de 5º, tampouco se quedaron atrás en creatividade!

 

 

Nun mercado persa

No 2º trimestre estivemos traballando " Nun mercado persa" de A. Ketelbey. Os nenos e nenas de 6º tocaron o tema dos mendigos.

OS INSTRUMENTOS DO 3º CICLO

Os nenos e nenas de 5º e 6º fabricaron os seus propios instrumentos. Mirade que grandes obras de arte nos fixeron.

 

 

 

ENSAIOS DA DANZA POLA PAZ

PANXOLIÑAS

BAILE DE NADAL

POEMAS MUSICAIS

Os nenos e nenas de 5º e 6º estivemos inventando poesías sobre os instrumentos que máis nos gustaron.

Distribuir contido