CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

A RITMO DE CORAZÓN

Xoves e venres os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º curso tiveron unha clase de música diferente. Coñeceron distintos tambores africanos, cada un cun nome diferente. Tocaron os tambores, bailaron e ata cantaron unha nana senegalesa.

Impresionante este taller de percusión africana ofertado polo Concello de Tomiño!