Skip to Content

5º e 6º Primaria

SEGUIMOS APRENDENDO SOBRE AUGA

Estivemos con Begoña e Mª José, monitoras de Gaia, recordando información sobre a auga.

O que máis destacaron foi como podemos aforrar auga:

  •  Mellor ducharnos que bañarnos.
  •  Pechar a billa mentres nos enxabonamos na ducha.
  •  Pechar a billa mentres cepillamos os dentes.
  •  Utilizar perlizadora nas billas e na ducha.

 

  • cata de diferentes augas (a auga pura é insípida pero normalmente contén diferentes minerais disoltos)

 

  • facer flotar un ovo engadindo sal á auga ( así a facemos máis densa)

 

  • comprobar que ao xuntar auga osixenada e aceite, este vaise ao fondo (ao contrario de cando o mesturamos con auga).

 

  • sumerxer "Lacasitos" de diferentes córes en auga (como teñen azucre que aumenta a densidade da auga, os colorantes non se mezclaron)

CHEGARON AS TABLETAS!!!

Chegaron por fin os ultraportátiles ás clases de 5º curso. 

Rosana esplicounos as normas de uso e o funcionamento das tabletas. Estamos desexando traballar con elas.

Distribuir contido


by Dr. Radut