Estes días parte do alumnado de 6º de Ed. Primaria que colabora coa biblioteca está a realizar un contacontos mediante a técnica do kamishibai. O conto elixido foi unha versión do título Pete o gato e os seus novos zapatos. Nela o gatiño vai visitando lugares da nosa vila e ten algún que outro problema cos seus novos zapatos.
A historia amosa aos espectadores que cando aparece un problema, debemos buscar unha solución! É un conto moi sinxeliño enfocado aos nenos e nenas máis pequerrechos/as.
Ata o de agora xa fixeron varias actuacións: na veciña Escola Infantil da Galiña azul, á clase de bebés e de un e dous anos e no noso cole, a todo o alumnado de Ed. Infantil.
Unha vez finalizadas as representacións o público asistente recibiu un pequeno agasallo: unha máscara do propio gato, que deseñaron para a ocasión.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes das actuacións:
E tamén o vídeo dunha das sesións de contacontos: