Skip to Content

PT-AL

ACTIVIDADES para o alumnado de Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE). (COVID-19)

dibujos de arcoiris a colores - Saferbrowser Yahoo Image Search ...Durante o período que dure a suspensión das clases por motivo do Covid-19 as profesoras de PT e Al iremos recomendando actividades variadas para os nenos e nenas que necesiten un apoio específico. Apps para instalar en tabletas ou dispositivos móbiles, actividades on-line para o ordenador, actividades para imprimir...

 Dirección e-mail para ás familias que desexen contactar con nós para consultas, dúbidas ou envío de materiais de traballo:   

apoioptal.vista@gmail.com


INDICE DE RECURSOS QUE SE VAN PUBLICANDO:

PAQUETE 1

PAQUETE 2

PAQUETE 3

PAQUETE 4 

 PAQUETE 5  

PAQUETE 6  (Aula Virtual)

PAQUETE 7 (Aula Virtual)

PAQUETE 8  (Aula Virtual)

PAQUETE 9 NOVO (Aula Virtual)


 

REMATAMOS CURSO.

marzo 2020 – Página 2 – CEIP Poeta Domingo VelázquezFonte imaxe:  https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/

Rematamos curso cun terceiro trimestre moi especial, onde tivestedes que traballar na casa coa axuda das vosas familias. Traballástedes moito. Agora que o verán xa está ahí, toca disfrutar dun merecido descanso.

 Coma sempre déixovos unhas propostas de vídeos e actividades interactivas (sinxelas, lúdicas e entretidas) para traballar nestas dúas semanas que quedan de curso escolar, ou tamén para repasar, si queredes, durante o período estival.

Acceso á AULA VIRTUAL DE APOIO DE PT

Non vos esquecedes de ler contos... moitos contos ... que seguro que Libruxa vos recomenda nunha estupenda guía de lecturas para o verán.  Descansade, xogade, ride, disfrutade da praia, do tempo libre e pasádeo ben.

Espero  vervos a todos e todas en setembro e, por suposto, no colexio! onde poidamos volver as clases con normalidade.

Deica setembro e feliz verán!

ACTIVIDADES INTERACTIVAS PARA ALUMNADO DE NEAE. PAQUETE 9

XA ESTAMOS EN XUÑO!!!

Pouco queda xa para rematar o curso. Con este bo tempo entendo que as gañas de traballar van a menos... Por iso, o que vos propoño para esta semana é moi lúdico e entretido.

Para os máis pequenos ollade estes libros de lectoescritura e conciencia fonolóxica. Inclúo tamén outro entretido libro con fichas de creación propia para que traballedes  a vosa atención...

 

 

 

 

 

Para os meus alumnos e alumnas lectores e... case, case lectores, tamén vos deixo estas tres actividades: unha de comprensión lectora e dúas de resolución de problemas.....

 

 

Acceso á AULA VIRTUAL DE APOIO PT

ACTIVIDADES INTERACTIVAS PARA ALUMNADO DE NEAE. PAQUETE 8

Unha semana máis seguimos compartindo recursos interactivos.

Clicade na imaxe e... a xogar!

AULA VIRTUAL DE APOIO PT

Distribuir contido


by Dr. Radut