Skip to Content

Actividades extraescolares

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 24 de novembro (tendo en conta que o 25 coincidiu en sábado) celebrouse no centro o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Para isto todo o alumnado do colexio se reuniu na entrada do centro, na que se foron colgando as pegadas que os nenos/as fixeron coa participación das súas familias e nas que se reflexaban mensaxes contra todo tipo de violencia.

 

Queremos agradecer ás familias a súa colaboración na actividade!

 

MAGOSTO: XOGOS E DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS COAS FAMILIAS

O 17 de novembro levouse a cabo a celebración do Magosto no centro. Para iso organizáronse diferentes xogos polos que os nenos/as foron pasando cos seus equipos, os cales estaban formandos por alumnos/as de todos os cursos do centro.

A temática dos xogos propostos xirou entorno ao noso PDI "Xogo de Reinos" e os alumnos/as divertíronse moito con todos eles.

Foi moi enriquecedor ver como os alumnos/as dos cursos máis altos axudaban aos máis pequenos/as, motivándoos e animándoos, sen importarlles os resultados, senón desfrutando con eles/as e co ben que o estaban pasando.

A continuación podedes ver fotos desta xornada e se pinchades na imaxe accederedes ao vídeo onde poderedes desfrutar vendo todos os xogos con materiais da natureza: castañas, follas, mazorcas... e outros materiais de psicomotricidade.

TALLER COAS FAMILIAS: COROA DE OUTONO

O día 16 de novembro tivo lugar no centro un taller coas familias no que os nenos/as crearon unha coroa de outono co emprego de follas secas.

Para isto, nos días previos, o alumnado encargouse de recoller follas secas na compaña das súas titoras e dos seus titores. Logo, no taller, as familias voluntarias axudaron aos nenos/as a recortar as tiras de cartolina para a súa coroa e indicáronlles os pasos a seguir: decorar a tira libremente con rotuladores e ceras e grapar follas de outono ao seu gusto.

O resultado foi fantástico!

Ademais, estas coroas serviron para a xornada seguinte, a festa do Magosto, na que as empregaron para a identificación dos grupos nos xogos organizados:

- Equipo vermello

- Equipo amarelo

- Equipo azul (formado polo alumnado de sexto, que foi o encargado de dirixir os xogos da festa do Magosto).

 

Toca nas imaxes para ver o vídeo do taller de coroas de outono

Distribuir contido


by Dr. Radut