Skip to Content

5º e 6º Primaria

A visita de Paula Carballeira

Hoxe Libruxa tíñanos preparada unha sorpresa moi especial... Na hora de ler visitounos Paula Carballeira que ademais de actriz, é escritora... 

Pasamos un rato moi divertido no que cos seus contos rimos e berramos sen parar.

Agradecémosche moito a túa visita, tanto a Libruxa como a alumnos e profes encantounos terte no cole!

 

Semana das Artes Plásticas na Mariña

Aquí podedes ver un resumo do traballo realizado por todo o centro para a "Semana das Artes Plásticas na Mariña".

O tema deste ano é precisamente "A Mariña", por iso no noso centro decidimos botar unha ollada ao noso arredor e fixarnos ben nas marabillas que tamén hai pola nosa zona e que non sempre apreciamos.

De feito cando os nosos profes nos amosaron unha silueta da Catedral de Mondoñedo na clase tardamos en darnos conta de que se trataba... 

Unha vez descuberto o monumento puxémonos a traballalo utilizando técnicas distintas. Para iso contamos coa axuda de tres artistas: Eva Rivas, Cristina Basanta e Zili Katova.

 

Para ver todo o proceso, mirade o vídeo.

 

 

E nos vos esquezades de que proximamente inauguraremos unha exposición con todo o noso traballo! 

CENIMA. Exposición Semana Artes Plásticas da Mariña.

O alumnado  de 5º e 6º visitamos no CENIMA a Exposición Semana Artes Plásticas da Mariña.

Os artistas explicáronnos e axudáronnos a entender as obras que se mostran.

Unha experiencia moi divertida!!!

Descubrindo a Historia de Burela.

O alumnado de 5ºA, 5ºB, 6ºA e 6ºB estivemos a viaxar polo pasado de Burela.

Divertímonos moito aprendendo a Historia  do noso pobo.

Ah!!! Chegamos un pouco cansos despois de tanto camiñar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut