Skip to Content

5º e 6º Primaria

Cuarto día

Queridas familias,

Hoxe, venres 24 de xuño, despois de almorzar e vestirnos, collimos o bus para ir ir a ZilverMeer, unha área recreativa onde xogamos ata non poder mais (como di Enrique Iglesias ata "que duelan los pies").

Pola maña, fomos en hidropedais polo lago e tamén nunha especia de coches "gocars". 

Tamén baixamos por un tobogán moi moi longo.

Seguindo o horario belga, comimos sobre as 12 e despois fomos bañarnos no lago e xogar nos tobogáns.

Máis tarde, comimos un xeado antes de voltar ao albergue. Duchámonos e tivemos tempo libre para xogar nos arredores mentres nos prepararon a cea dous pais do cole belga.

Estámolo pasando moi ben!

Un beso para todos familias.

 

Terceiro día

Hoxe foi o día de coñecer o colexio GBS de Bosmier e así poder reencontrarnos cos nosos amigos belgas.

O primeiro que fixemos foi comezar cun pequeno baile e despois dividímonos en dous grupos para visitar o "Xardín dos sentidos" e tamén as aulas de todo o centro. Ademais fixemos un pequeno mural para deixar a nosa pegada aquí.

Despois de comer, participamos en diferentes xogos cooperativos nos que o pasamos moi ben.

E como recompensa un xeado riquísimo antes de marchar coas nosas familias belgas.

Segundo Día

Bos días a todos, 

Hoxe imosvos contar o ben que o pasamos onte no parque de atraccións. Saímo do albergue sobre as 9 e antes das 10 estabamos na entrada de Bobbejaanland.

Dividimonos en grupos e comezamos as aventuras. A maioría ata montamos no Typhon, que era impresionante. Pasámolo xenial, houbo quen non quería marchar!

Ao chegar a Balen, paramos nun parque xigante que está ao lado do restaurante onde íamos cear.

Ás 7.30 tiñamos prevista a cena. De menú: sopa de tomate, albóndigas con patacas fritas e xeado.


Primeiro Día

Queridas familias, 

Estes días están sendo moi especiais para nós, estámolo pasando moi ben.

O martes chegamos a Santiago e comimos, despois facturamos as maletas e pasamos o control para coller o avión. A maioría estabamos moi nerviosos, para algúns era a nosa primeira vez montando en avión. Todo foi moi ben.

Chegamos a Bruselas, e comezou a chover moito moito. Pero como había moito tráfico para chegar ao centro, cando o dimos conseguido xa parara. Deunos tempo para ver o bonita que era a Grand Place e o pequeno que era o Manneken Pis. Tamén comimos un gofre delicioso!

Ao chegar ao albergue, cenamos unha sopa que nos tiñan preparada e organizamos as habitacións, duchámonos e tratamos de durmir...

Distribuir contido


by Dr. Radut