Skip to Content

5º e 6º Primaria

TRABALLAMOS COA PRENSA

As nenas e nenos de 5º estivemos a traballar coa prensa. Limos diferentes xornais, comparamos as distintas seccións, noticias.....e tamén nós redactamos  noticias.

Así celebramos o DÍA DE ROSALÍA

Despois de buscar información sobre Rosalía, unha das nosas poetas preferidas, escollimos unha estrofa ou unha frase e unha ilustración para facer o marcapáxinas. Como nos gusta moito ler, disfrutamos presentando o noso traballo @s compañeir@s.

CONFECCIONAMOS OS NOSOS DISFRACES

Estivemos un pouquiño atarefad@s facendo os disfraces, pero ao final pensamos que mereceu a pena pois quedaron moi ben. As clases de 5º imos de CABALEIROS DE MALTA xa que no proxecto europeo que estamos levando a cabo é o país sobre o que investigamos e presentamos a todo o cole.

Aquí tedes o resultado

 



MENCIÑAS PARA LOGRAR A PAZ

Gustounos moito familiarizarnos coa linguaxe dos prospectos das menciñas aínda que non é moi fácil.

Aquí tedes uns cuantos das menciñas que nos axudarían a conseguir a PAZ.

Distribuir contido


by Dr. Radut