Skip to Content

5º e 6º Primaria

CONTOS PARA TODO O MUNDO E PARA UN MUNDO DE TODOS

O pasado luns asistimos a unha obra de teatro no auditorio municipal e tamén visitamos unha exposición de fotos da xente de Cabo Verde.

ANTÍA, WAMBA e o regato pequeno era o título da obra da compañía Tropa de Trapo. Conta historias de duas personaxes, Antía, unha nena galega, e Wamba un mozo do Congo que se busca a vida vendendo de todo na rúa.

Falamos de COMPARTIR.

TRABALLOS NAVIDEÑOS

 

As nenas e nenos de 5º B estivemos facendo traballos con motivo do NADAL.

Fixemos postais e recetas típicas desas datas.Algún destes traballos enviarémosllo aos nosos compañeiros do proxecto europeo.

Esto é algo do que fixemos.

 

 

     

 

                                                     

 

GUISO DE CONTO ORAL

   Receita tradicional:

GUISO DE CONTO ORAL

Ingredientes:

 

  • Xoanetes do príncipe de Blanca Neves.
  • Dúas meixelas de Aurora (a princesa da Bela Durminte)
  • Dous tercios de cabelo de Bela (a princesa da Bela e a Bestia)
  • Unha pata da bruxa de Hansel e Gretel.
  • Pócima da bruxa de Hansel e Gretel.

 

Elaboración:

Collemos as meixelas de Aurora e metémolas xunto aos xoanetes nunha mochila e axitamos.

A continuación collemos os dous tercios do cabelo de Bela e rebozámolos na pócima.

O seguinte paso é meter o cabelo rebozado na mochila. Axitámolo todo e  remexemolo coa pata da bruxa para darlle sabor.

Aviso: Esta receita é para xente máxica. Recoméndovos non tomala.

(Sen graxas e 100% san)

Nuria Bermúdez 5ºA

VISITAMOS AS FRAGAS DO EUME

 Fragas do Eume - diapositivas

Os nenos e nenas de 5º e 6º, xunto cos nosos profes, fomos visitar as FRAGAS DO EUME.

Ao chegar vimos un vídeo que explicaba a vexetación e os animais que viven nelas. Despois fomos andando e vendo as árbores: carballos, castiñeiros....Tamén cruzamos o río por una ponte colgante que se movía un pouco e tiñamos que ir en grupos de dez. Ao outro lado do río había ameneiros, bidueiros, musgos, liques… Marcos, o monitor que nos acompañaba, explicounos a idade que tiña unha  árbore caída contando os aros que se vían no corte do seu tronco. Ao  final  falounos da importancia de COIDAR AS FRAGAS DO EUME, as mellor conservadas de Europa e declaradas  Parque Natural dende o ano 1997 .

Despois de comer visitamos o pobo de PONTEDEUME, lugar onde desemboca o río Eume. Vimos a TORRE DOS ANDRADE e a ponte que lle da nome ao pobo.            PASÁMOLO MOI BEN!!!                                                                                                                                                                          Nenos e nenas de 5º B

Distribuir contido


by Dr. Radut