Skip to Content

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

ACTO 25 N

ACTO 25N

Este xoves, conmemoramos o 25 de novembro cun acto, no que lemos un manifesto en contra das violencias ás mulleres e ás nenas. 

A cantante Pauliña, mandounos un saúdo e un acústico da canción que levamos preparando toda a semana: NAIS, AVOAS! e entre todas e todos tamén a cantamos!

Esperamos que vos guste este vídeo!

                   

PALABRAS CURANDEIRAS

PALABRAS CURANDEIRAS

Co gallo do 25 de novembro día para a eliminación da violencia contra as mulleres, non colexio elaboramos un mural con "palabras curandeiras".

As palabras ferintes e as accións teñen os días contados, con estas palabras cheas de amor, respecto e agarimo curamos ás persoas que as utilizan e facemos que o mundo sexa mellor, con tolerancia e igualdade.

Desde o colexio de Vea dicimos NON Á VIOLENCIA! 

PALABRAS CURANDEIRAS

Comezamos a semana conmemorando o 25N e facémolo cun pequeno vídeo chamado: "PALABRAS CURANDEIRAS" Utilizando estas palabras podemos facer que a vida vai mellor.

              

MAGOSTO

  • COMEMOS CASTAÑAS

Despois dos obradoiros e dos xogos populares tocou comer as castañas!

Logo de asalas nunha carreta, fomos enchendo os cucuruchos e outras manualidades como recipientes. Estaban riquísimas! Todo isto amenizado con boa música, algúns botamos uns bailes e outros xogamos libremente.

 

MAGOSTO

MAGOSTO

Este ano celebramos o magosto con moitas actividades:

  • BANDEIROLAS

Os nenos e nenas de educación infantil, con follas secas e pinturas, fixemos unhas bandeirolas coas bandeiras dos diferentes países polos que pasan os protagonistas de "A volta ao mundo en 80 días"

 

 

  • FROITOS DO OUTONO

Seguindo coa temática do proxecto deste curso "A volta ao mundo en 80...", esta vez tocoulle a quenda aos froitos do outono como o marmelo, caquis e castañas. A rapazada de 6º estivemos estudando os distintos froitos do outono e a súa orixe, así situámolos no mapa enriba de cada país de orixe. Tamén vimos as súas propiedades e fixemos algunha que outra fichiña.

 

 

 

 

 

 

  

 

 

  • DECORAMOS A ENTRADA

Desde as distintas aulas fomos decorando a entrada coa temática do magosto, fixemos composicións, ramos, manualidades...

 

 

            IMG_20211111_120512.jpgIMG_20211111_140740.jpg

 

 

 

 

Tivemos uns XOGOS POPULARES cuns monitores especiais, os alumnos e alumnas de 6º! Levamos máis de 10 días preparando os xogos, para explicárllelos aos demais. Entre os xogos destacamos a billarda, a petanca  e os birlos celtas.

 

IMG_20211112_114337.jpgIMG_20211112_114849.jpg

                                         

 

MAGOSTO

O venres 12 celebramos o magosto, houbo dous obradoiros e unha xornada de xogos populares.

No OBRADOIRO DE PINTURA o alumnado de educación infantil pintou con témpera catro murais coa temática do magosto, tivemos castañeira, esquío, castiñeiro... O alumnado de primaria fixo cadansúa composición pintada tamén con témpera.

                   

 

 

O outro obradoiro que realizamos este venres foi o OBRADOIRO DE MANUALIDADES, aquí fixemos unha postal do magosto e os típicos cucuruchos para comer as castañas.

   

 

Tivemos uns XOGOS POPULARES cuns monitores especiais, os alumnos e alumnas de 6º! Levamos máis de 10 días preparando os xogos, para explicárllelos aos demais. Entre os xogos destacamos a billarda, a petanca  e os birlos celtas.

 

IMG_20211112_114337.jpgIMG_20211112_114849.jpg

                                         

  • COMEMOS CASTAÑAS

Despois dos obradoiros e dos xogos populares tocou comer as castañas!

Logo de asalas nunha carreta, fomos enchendo os cucuruchos e outras manualidades como recipientes. Estaban riquísimas! Todo isto amenizado con boa música, algúns botamos uns bailes e outros xogamos libremente.

MAGOSTO

OBRADOIRO DE PINTURA

O venres 12 celebramos o magosto, houbo dous obradoiros e unha xornada de xogos populares.

No OBRADOIRO DE PINTURA o alumnado de educación infantil pintou con témpera catro murais coa temática do magosto, tivemos castañeira, esquío, castiñeiro... O alumnado de primaria fixo cadansúa composición pintada tamén con témpera.

                   

 

SAMAÍN

 

Este ano celebramos o SAMAÍN con múltiples actividades:

 

  •  Exposición de cabazas

 A partir do luns os nenos e nenas trouxeron ao colexio cabazas talladas e decoradas. Expuxémolas na entrada e cada aula puido ver estas marabillosas creacións.

 

               IMG-20211030-WA0026.jpg

 

  •  Decoramos o colexio

Cada aula decorou a súa entrada da clase con murais do Samaín.

 

IMG-20211030-WA0046.jpg IMG-20211030-WA0048.jpg  IMG-20211030-WA0043.jpg    IMG-20211030-WA0042.jpg

IMG-20211030-WA0041.jpg     IMG-20211030-WA0040.jpg

   

  • Investigamos o Samaín

Este ano seguindo coa temática do proxecto deste curso: A VOLTA AO MUNDO EN 80... traballamos os "samaíns" de varios países, comezando por Galicia, Irlanda, Estados Unidos e México.

          IMG-20211027-WA0020.jpg

 

  • Intercambio de Postais

Este ano fixemos intercambio de postais do Samaín co colexio Pérez Viondi, tamén enviamos unha postal vía dixital a todos os demais colexios do concello.

Estas postais foron as que nos enviaron:

  

                 

 

Estas foron as nosas: 

 

  •  IMG_20211028_183210.jpgIMG_20211028_183518.jpg

                          

 

  • Merendas terroríficas

O venres, para celebrar o Samaín trouxemos ao colexio unhas merendas un tanto especiais.

                       IMG_20211029_100440.jpg

 

  • Contacontos

Tivemos sesión de contacontos a cargo dos máis maiores do colexio.

Os alumnos de 5º elaboraron uns contos de medo e contáronllelo aos demais cativos do colexio.

 

               IMG_20211029_124440.jpg

Os nenos e nenas de 6º adaptaron un conto e teatralizárono.

             

  • Baile

Despois das sesións de contacontos, o tempo atmosfério deunos unha tregua e  puxémonos a bailar no patio cancións do Samaín. 

               IMG-20211030-WA0031.jpg

 

POSTAL DE SAMAÍN

Aquí vos vai esta felicitación do Samaín. Este ano estámolo a celebrar con máis normalidade. Chea de cabazas, disfraces e sustos FELIZ SAMAÍN a todos e todas!

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

IMG-20211027-WA0019.jpg

Na semana do 25 ao 29 de outubro organizaremos na entrada do centro a nosa tradicional exposición de cabazas de Samaín decoradas polas familias.

Podedes traer as vosas cabazas, identificadas co nome do alumno/a, a partir do luns 25 de outubro e pasar recollelas o venres 29 de outubro.

Se queredes, podedes incluír unha candea eléctrica no interior da cabaza.

Por mor da actual situación sanitaria, as familias non poderedes visitar a exposición presencialmente, pero si a través da nosa web, en Galerías.

O venres 29 de outubro celebraremos o Samaín no cole vindo disfrazados/as para dar moito medo e traendo tacos terroríficos para tomar a media mañá.

Distribuir contido


by Dr. Radut