Skip to Content

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Revista Escolar Outeiro

Aquí podedes ver a revista Outeiro 21 en formato dixital. Moito traballaron estes rapaces e rapazas!

Pincha na imaxe

Entrega de Diplomas

·  Entrega de diplomas dos gañadores no centro. Non só aos escritores e escritoras, senón tamén ás ilustradoras. Como este ano non puideron asistir á festa das palabras todos gañadores/as, desde o equipo de dinamización da lingua, fixéronse uns diplomas. Estes diplomas personalizados entregámosllos aos gañadores.

 

 

 

Revista Escolar Outeiro

O NOSO LIBRO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS

Co gallo do VIII concurso de micropoemas e microrrelatos, creamos este libro.

Non todas as creacións literarias dos nosos nenos e nenas puideron ser finalistas e gañadores do concurso.

 

Así nace este pequeno libro, onde se amosa o esforzo e traballo realizado polo alumnado do Centro. 

 Pincha na imaxe

FESTA DAS PALABRAS

Debido a la pandemia, este año solo acudieron representantes de los centros educativos del concello.   | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

O Teatro Principal da Estrada acolleu onte a VIII Festa das Palabras, na que se fixo entrega dos premios do Concurso de Micropoemas e Microrrelatos, no que resultaron gañadores 62 alumnos/as, entre os que se atopaban seis do noso centro.

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

PREMIADOS NO CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS

O vindeiro martes 1 de xuño terá lugar no Teatro Principal da Estrada a Festa das Palabras, á que, por mor da situación sanitaria actual, só acudirá un alumno/a por centro, elixido por sorteo de entre todos os gañadores/as.

Na foto aparecen os nosos gañadores/as en cada categoría do concurso de micropoemas e microrrelatos Dinamizaestrada. 

Visita Virtual

VISITA VIRTUAL ANTÍA YAÑEZ

O pasado 30 de abril, os alumnos e alumnas de 5º e 6º tivemos unha videoconferencia coa autora do libro PLAN DE RESCATE. Antía Yañez contounos o traballo previo que fixo para escribir o libro, a razón pola cal  elixiu aos personaxes e por que lle gustan os libros de aventuras. Tamén lle respondeu aos rapaces e rapazas varias cuestións que foron xurdindo.

 

 

OS MAIOS

OS MAIOS

Este luns celebramos a festa dos maios no colexio, queremos seguir mantendo viva esta tradición, por iso enviámoslle información ás familias a traves deste diptico:

Escoitamos un poema de Curros Enríquez interpretado por Luis Emilio Batallán.

https://youtu.be/UCZCm1q4Kwc

 

E fixemos colares e pulseiras con pampullos.

SEMANA DO LIBRO

SEMANA DO LIBRO

Para conmemorar a semana do libro fixéronse mútiples actividades no  noso cole: 

 

O MEU LIBRO FAVORITO

Cada neno e nena trouxo da casa o seu libro favorito, elaboraron unha ficha cun resumo e por que lles gustou e entre todos e todas fixemos unha exposición.

 

 

QUIXOTE

Os alumnos e alumnas de 3º estudaron sobre Cervantes, estan a ler o Quixote e elaboraron un mural.

 

MARCAPÁXINAS

Elaboramos marcapáxinas fomentando a lectura.

CONTACONTOS

Os máis cativos puideron gozar dun contacontos teatralizado baseado no libro A figueira de Pelostortos.

DÍA DA TERRA

Distribuir contido


by Dr. Radut