Skip to Content

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

DÍA DE ROSALÍA

Este martes celebramos o día de Rosalía con varias actividades.

SEMENTADE PENSAMENTOS:

A asociación de escritores e escritoras en lingua galega propuxo a idea de sementar pensamentos, e o noso colexio non quixo ser menos e elaboraboramos unha flor xigate, en cada pétalo puxemos pensamentos de Rosaía de Castro, uns pensamentos bastante adiantados para a súa época e que hoxe en día aínda se poden seguir pensando.

              

FLORES A ROSALÍA

Esta semana elaboraramos unhas flores para conmemorar o día de Rosalía, todas elas levan unha tarxetiña coa cara de Rosalía, outras, levan parte dun poema ou unha cita da nosa escritora por excelencia. Varios cursos levaron a flor para casa. FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

              

                       lslslssnzbxbkxvnzxnbxcv

CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA

O concello da Estrada celebrou o día de Rosalía cun acto no Teatro Principal e na que participaron os colexios da Estrada. Os rapaces e rapazas recitaros poemes, a inmensa maioría de Rosalía.

O noso coloxio tamén asistiu e as dúas rapazas de 4º recitaron o poema Xan e o poema Alborada.

         

 

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Hoxe 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. E o colexio para homenaxear a todas as mulleres científicas, pegámonos unha bochechas vermellas ao igual que aparecen elas en distintas ilustracións.

Ollade este video, xa veredes que lindo quedou!

Día da Pizza

Hoxe é o día mundial da PIZZA!

E como non, o noso colexio quixo celebralo. Os alumnos e alumnas de 6º buscaron unha receita, escribírona, votárona e a gañadora foi a que elaboraron, e por suposto, comérona.

              

                           

 

- La Voz de Galicia.

- Faro de Vigo.

CANDELORIA

 

O día da Candeloría é o día do amor Galego. Os alumnos e alumnas de 6º elaboraron unhas casiñas de paxaro. Esta casiñas penduráronse diante de cada porta. Alí os paxaros mensaxeiros deixáronnos notiñas de amor e amizade. Cada neno ou nena elaborou unha tarxetiña con palabras de amizade e amor, un poemiña, un debuxiño... Os paxariños tamén nos deixaron uns autocoloantes moi bonitos....

 

      

 

                                 

MANIFESTO POLA PAZ

O venres 28 os nenos e nenas de 6º fixeron un manifesto pola paz. 

 

Muro da Paz

     MURO DA PAZ

                        

     Desde as aulas, preparáronse lemas, mensaxes de paz, países en guerra e

    construímos un muro no que aparece reflectido todo isto. Construímos este

    muro, pero desexamos derrubalo e así, acabar con todos os conflitos bélicos

    que hai no mundo. 

              

Mapa Paz

    Países con conflitos: Seguindo co proxecto anual  “A volta ao mundo en 80..”, agora tocoulle a quenda ás guerras e aos conflitos, desde as aulas traballáronse os países  que aínda están en guerra ou en conflito na actualidade e situámolo no mural da entrada con información para que o alumnado puidera acceder a esta información.

 

                        

FESTA DA POESÍA

 O día 4 de decembro o noso centro enviou a dúas representantes para participar na Festa da Poesía no Teatro Principal da Estrada recitando poemas: Jimena Conde Codesido e Noa Mendoza Correa.

Aquí tedes o vídeo da súa actuación sobre o escenario.

Dádelle a "ver en YouTube" para ver o vídeo en pantalla completa.

- Faro de Vigo.

ACTIVIDADES FIN DE TRIMESTRE

LUNS 20 DE DECEMBRO
 
Monicreques
Teremos no centro o espectáculo de teatro de monicreques O apalpador e a nena sen medo, da compañía A Xanela do Maxín.
 
 Paxes
Ademais, recibiremos a visita dos paxes do Concello da Estrada.
 
MARTES 21 DE DECEMBRO
 
Chocolatada
A ANPA Outeiro de Vea retomará a xa tradicional chocolatada de Nadal.

25N

ACTO 25N

Este xoves, conmemoramos o 25 de novembro cun acto, no que lemos un manifesto en contra das violencias ás mulleres e ás nenas. 

A cantante Pauliña, mandounos un saúdo e un acústico da canción que levamos preparando toda a semana: NAIS, AVOAS! e entre todas e todos tamén a cantamos!

Esperamos que vos guste este vídeo!

Se premedes en "Ver en YouTube", poderedes velo en pantalla completa.

Distribuir contido


by Dr. Radut