![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEidBVJU3vAczZxQ1Mmi49eUbdgprSzduom0ZxjKvQc38xhjJ4Ex_N9Ka0MnXV2YyVKkptlLD2A86gYWWyzio-fxVJP9urXrJ45INJXkg4I5QP4iSbaKuiUS6omw7K53gUHa1JQi1M54fvzemQ6jkYg_J64EAFeV9JC_p0KTsNKmwr-WJvw3Fz74N_yVsLsD/w640-h452/1.png)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhghyaONdM0CJIBRq7Mh-UlBAo83sgrV9QgUCQ633igGFxTg1Iuda4ygu2u5WkhJoTDN7omY36Q9b8SUXloRU8JiDfjj0I5ItllfsoI-pNS7Agy9SR9SN2L1OR2Tx0Pguqx28RquS-k9asDMSoP59zGS4OkTU1bzr8R1wKRk7zGeIFXStOaMk7PGq_H1BwT/w640-h452/2.png)
No blog da biblioteca tedes xa á vosa disposición o calendario de efemérides do mes de abril, dedicado desta volta aos libros e elaborado novamente polo equipo de biblioteca.
Abril é o mes do libro e non só porque o 23 de abril se conmemora o Día do Libro, declarado pola UNESCO en 1995, senón tamén porque hai outras efemérides literarias importantes e as cidades se enchen dun ambiente amante dos libros.
Pero hai moito máis: Sabiades que o 1 de abril é o Día do Libro LGBT; que o 2 de abril se celebra o Día Mundial do Libro Infantil e Xuvenil; que o 14 de abril lembramos a Simone de Beauvoir, escritora francesa feminista; e que
o 19 de abril é o Día da Lingua Chinesa?
Se queredes coñecer o que ocorreu cada día dun mes de abril do pasado en relación cos libros, invitámosvos a ler todo o calendario. Resultaravos moi interesante e aprenderedes moitas cousas novas.