Skip to Content

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

RADIO EMOCIÓNATE

Este mércores tivemos no colexio unha gravación dun programa de radio. O programa chámase Radio Emociónate, a emisora que o levou a cabo foi Si Radio. 

Temos unha exposición na entrada do colexio con paneis informativos sobre locutores, emisoras, historia da radio, radios antigas, gravacións...

Os alumnos e alumnas de 5º de primaria, foron locutores radiofónicos durante uns días. Fixeron entrevistas nas casas aos maiores, escribiron contos coa radio como protagonista e prepararon preguntas para facerlle unha entrevista a: José López, alcalde da Estrada; a Pablo "Chichas" locutor de radio Estrada; a Teresa Villar, filla de Manuel Villar Paramá que lle dá nome ao noso colexio; a Manuel Fuentes, ex alumno e profesor en prácticas do colexio; á titora de 5º e á directora. T


- La Voz de Galicia

 

SAMAÍN 22

Este ano volvemos facer múltiples actividades polo Samaín.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS: Coa colaboración das familias, desde o luns fomos traendo as nosas cabazas decoradas. Moitas delas coa temática "De cabaleir@s e bestas". Grazas por todo FAMILIAS!!

                   

DECORAMOS O COLEXIO: As distintas aulas fomos decorando os corredores con fantásticas "manualidades".

     

INTERCAMBIO DE POSTAIS: Intercambiamos postais con outro Ceip Pérez Viondi da Estrada.

Estas foron as nosas postais.

 

 

Estas foron as súas postais.

O FAIADO TERRORÍFICO: Por quendas, as distintas aulas foron entrando no faiado do terror. Neste faiado moi sensorial, percibimos olores, texturas, imaxes.... terroríficas; incluso conxuro de queimada!!

TEATRO: Despois do recreo tivemos unha sesión de teatro de medo. Os alumn@s de 1º representaron a obra "Tío Lobo" e os alumn@s de 5º "O samaín de Anacleto".

 

A PROCESIÓN DOS CALACÚS: Seguindo unha antiga tradión en Galicia, fixemos unha procesión cunhas cabazas bastante raras: LARANXAS!!! Paseamos por todo o colexio nunha procesión bantante senestra.

 Tedes todas as fotos na Galería.

ENTREVISTA EN RADIO ESTRADA

Escoita en directo

A profe Lucía Muñoz foi entrevistada este venres en Radio Estrada co motivo de ser a encargada de coordinar e crear, xunto co alumnado de 5º de primaria do noso centro, a curtametraxe en stop-motion "Un conto cheo de lobos". Premio Nós tamén creamos da Consellería de Educación, pase na TVG e agora invitación ao OUFF Escola de Ourense, o festival máis importante de Galicia nesta categoría. 

Escoitade a entrevista no podcast.

PARLADOIRO DAS LETRAS

Este pasodo venres a escritora Ledicia Costas, estivo no Parladoiro das Letras celebrado no Teatro Principal da Estrada. O noso colexio tivo o gusto de participar nesta actividade, asistindo unha representación do alumnado, neste caso Andrés e mais Estela. Andrés fíxolle unha pregunta á escritora para saber máis da súa forma de escribir e das súas aficións.

Foi un pracer coñecela!

 

 

A NOSA CURTA NA TVG

Archivo:Logo+TVG.svg - Wikipedia, la enciclopedia libre

Desde o martes 18 de outubro ata o mércores 23 de novembro emitirase no Xabarín (TVG 2) a nosa curta Un conto cheo de lobos, premiada no concurso Nós tamén creamos.
A emisión de Nós Tamén Creamos! 2022 está prevista en horario matinal, de luns a venres sobre as 07:15h..

PREMIO CURTAMETRAXE

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participaron onte no Pazo de San Roque na entrega dos X Premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!, da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa CRTVG e OQO editora.

Entre os premiados neste concurso estivo o noso centro, coa adaptación de Un conto cheo de lobos. Baseada na obra homónima do escritor Roberto Aliaga, ilustrada por Roger Olmos, ten como protagonistas os lobos de todos os contos, que conviven neste libro e andan polas súas páxinas en busca de comida. Trátase dun labor que require da complicidade e interacción do público, nunha historia que, cando finaliza, volve comezar. Un film moi colorido no que o alumnado de 4º de primaria do noso cole (que agora está en 5º) empregou a técnica de animación en 3D.

Botádelle unha ollada a todo o traballo realizado aquí.

E, para mirar as fotos do evento, nada mellor que a nosa Galería.

Charla Instrumentos tradicionais

Onte tivemos unha visita fantástica, por parte da Asociación Floclórica Estradense Tequexeteldere. Suso e Xián faláromnos dos diferentes instrumentos musicais populares (gaita, zanfona, requinta, bombo, acordeón, cunchas e tamboril). Ademais, fixeron unha boa demostración tocando cancións tradicionais e nós tamén participamos con palmas, zapateando e tocando.

VIDEOCONFERENCIA

Os alumnos e alumnas de 6º tivemos unha videoconferencia a cargo dos alumnos de 3º da ESO do IES nº 1. Nela faláronnos dos monolitos que hai na rúa da Cultura, a que ilustre estaba adicado cada un e comentáronnos o máis destacado deles e delas. GRAZAS AOS MOZ@S POR ESTA CLASE MAXISTRAL!

NOTICIEIRO DINAMIZATV

NOTICIEIRO DINAMIZATV

En colaboración con todos os equipos de dinamización da lingua dos colexios da Estrada e co concello elaboramos durante o curso reportaxes e noticias. Todo isto se plamou en diferentes noticieiros. Este é o noso: 

Parabéns aos cativos e grazas a todos e todas por colaborar!

 

FESTA DAS PALABRAS

O acto tivo lugar no Teatro Principal da Estrada.

O Teatro Principal da Estrada acolleu onte a 9ª edición da Festa das Palabras. A iniciativa, organizada polos equipos de dinamización lingüística dos centros educativos do municipio, pretende fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade e serve como colofón ao traballo realizado polo alumnado durante todo o curso escolar.

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

- Fotos dos nosos gañadores/as.

Distribuir contido


by Dr. Radut