Skip to Content

SAMAÍN

 

Este ano celebramos o SAMAÍN con múltiples actividades:

 

  •  Exposición de cabazas

 A partir do luns os nenos e nenas trouxeron ao colexio cabazas talladas e decoradas. Expuxémolas na entrada e cada aula puido ver estas marabillosas creacións.

 

               IMG-20211030-WA0026.jpg

 

  •  Decoramos o colexio

Cada aula decorou a súa entrada da clase con murais do Samaín.

 

IMG-20211030-WA0046.jpg IMG-20211030-WA0048.jpg  IMG-20211030-WA0043.jpg    IMG-20211030-WA0042.jpg

IMG-20211030-WA0041.jpg     IMG-20211030-WA0040.jpg

   

  • Investigamos o Samaín

Este ano seguindo coa temática do proxecto deste curso: A VOLTA AO MUNDO EN 80... traballamos os "samaíns" de varios países, comezando por Galicia, Irlanda, Estados Unidos e México.

          IMG-20211027-WA0020.jpg

 

  • Intercambio de Postais

Este ano fixemos intercambio de postais do Samaín co colexio Pérez Viondi, tamén enviamos unha postal vía dixital a todos os demais colexios do concello.

Estas postais foron as que nos enviaron:

  

                 

 

Estas foron as nosas: 

 

  •  IMG_20211028_183210.jpgIMG_20211028_183518.jpg

                          

 

  • Merendas terroríficas

O venres, para celebrar o Samaín trouxemos ao colexio unhas merendas un tanto especiais.

                       IMG_20211029_100440.jpg

 

  • Contacontos

Tivemos sesión de contacontos a cargo dos máis maiores do colexio.

Os alumnos de 5º elaboraron uns contos de medo e contáronllelo aos demais cativos do colexio.

 

               IMG_20211029_124440.jpg

Os nenos e nenas de 6º adaptaron un conto e teatralizárono.

             

  • Baile

Despois das sesións de contacontos, o tempo atmosfério deunos unha tregua e  puxémonos a bailar no patio cancións do Samaín. 

               IMG-20211030-WA0031.jpg

 



story | by Dr. Radut