Skip to Content

Os Alumnos de Sexto Contactan Coa NASA

No día de hoxe, 11 de marzo de 2021, saímos no xornal Atlántico Diario.

Foi por un motivo excepcional e que chea de orgullo ao noso centro. Algúns dos alumnos e alumnas de Sexto de Primaria, de xeito voluntario, conseguiron poñerse en contacto coa NASA.

A continuación tendes toda a noticia completa tal e como foi publicada no xornal.

 

Os Alumnos de Sexto Contactan Coa NASA

MULLERES CON PEGADA

Para conmemorar o Día Internacional da Muller no CEIP Vicente Risco quixemos recoller algunhas célebres frases pronunciadas por algunhas das mulleres que, dalgunha maneira, deixaron a súa pegada na historia... Onte, hoxe e sempre.

 

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

DIA DA MULLER

Para conmemorar este Día contamos coa científica Laura Rodríguez Lorenzo, natural do noso barrio de Teis e traballando actualmente nun laboratorio na cidade de Braga en Portugal que nos presenta nun vídeo o seu laboratorio e nos saúda animando a todas as mulleres a cumprir o seu sono.

 

 

A continuación o alumnado do CEIP Vicente Risco conta a biografía da gran baloncestista Alba Torrens. Actualmente, a ex-xogadora do Celta de Vigo e aleiro da selección española xoga no Ekaterimburgo de Rusia.

Agora podedes ver este vídeo, pero o mellor está por chegar. Non vos adiantamos nada. Xa o veredes!

 

 

A sorpresa prometida!!!!

Os saúdos de Alba Torrens!!!

 

Rosalía de Castro - Segundo de Primaria - CEIP Vicente Risco

Presentámosvos o gran traballo que fixo o noso alumnado de Segundo de Primaria para conmemorar o Día de Rosalía.

Fixádevos neste vídeo o bonito que lles quedou.

 

 

REXURDIMENTE: O alumnado de sexto interpreta a versión do grupo De Vacas sobre o poema de Rosalía de Castro

REXURDIMENTE: O alumnado de sexto interpreta a versión do grupo De Vacas sobre o poema de Rosalía de Castro, que nos serve para engarzar a celebración do Día de Rosalía e o Día da muller do 8 de marzo, baseado todo neste gran poema da nosa gran dama Rosalía de Castro.

Primeiro está o video do noso alumnado e a continuación o orixinal do grupo De Vacas.

 

Novo video de Portas abertas virtuais

Continuando coa nosa apertura de portas de xeito virtual e para que poidades seguir coñecendo o noso centro, presentámosvos agora este novo vídeo.

 

 

Ademais tendes máis información sobre as nosas xornadas de portas abertas virtuais clicando no seguinte enlace.

 

Xornadas de portas abertas virtuais

 

 

DÍA DE ROSALIA - 24 DE FEBREIRO DE 2.021

Rosalía multilingüe

 

Achégase a ligazón coa web do Servizo de Normalización Lingüística coas actividades para celebrar este día:

 

 

 

Vídeo de Infantil 3 - 4 anos

 

 

Vídeo de Terceiro de Primaria

 

 

Lectura de poemas de Rosalía de Castro musicados por Amancio Prada e outros poemas (Terceiro de Primaria)

 

 

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut