Skip to Content

blogue deadmin

DIVERTOS-CAMPUS VERÁN 2020

SUMMER CAMP PENA AVENTURA 2020

DEL 13 AL 24 (completo) DE JULIO Ó DEL 13 AL 17 Y DEL 20 AL 24 DE JULIO (DE 9 A 16 AÑOS) GRUPOS DIFERENCIADOS

 

Máis información: divertos2012@gmail.com

BONO COIDADO EXTRAORDINARIO

    AXUDAS XUNTA DE GALICIA, non se tramita a través do colexio.

 

BONO COIDADO EXTRAORDINARIO

LIBROS DE TEXTO 2020-21

AQUÍ TEDES OS LIBROS DO VINDEIRO ANO 2020-21 (ADXUNTAMOS TAMÉN EN FORMATO PDF)

INFANTIL

1º DE PRIMARIA

2º DE PRIMARIA

3º DE PRIMARIA

4º DE PRIMARIA

5º E 6º DE PRIMARIA EDIXGAL-(SOAMENTE CUADERNILLO DE INGLÉS)

5 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE!!

IMPORTANTE!!!!!! FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educacón primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

 

Prazo de solicitude: dende o 20 de maio ata o 19 de xuño, ambos inclusive.

 

Presentación de solicitude:

  • Vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)

  • A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. 

  • Presencialmente nos centros docentes

  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

A DIRECTORA ESTARÁ NO CENTRO DE  DURANTE AS MAÑÁS, RECOLLIDA E ENTREGA DOS ANEXOS DE 10:00 A 12:00 PARA AS PERSOAS QUE O PRECISEN.

UN SAÚDO

 

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN 3º TRIMESTRE

O Ceip Vicente Risco informa a Comunidade Educativa da Adaptación da Programación para o 3º trimestre no curso 2019-2020 na situación de Estado de Alarma.

REAPERTURA PROCESO DE ADMISIÓN

Informamos sobre os novos prazos relacionados co proceso de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21, publicados no DOG de hoxe.

 

*Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Dende o día 11 de maio de 2020 ata o día 18 do mesmo mes.

 

*Outros prazos do procedemento.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

Día do libro 2020.

Conmemoración do Día do Libro

 

Ola!. Nenas e nenos do cole Vicente Risco.

Queremos pedir a vosa axuda:

Temos na biblioteca un libro en branco, encantaríanos enchelo, recompilando todas as vosas aportacións.

Este libro unha vez confeccionado, quedará despois na biblioteca, para que todos poidamos: divertirnos, aprender e recordar o tempo do coronavirus.

Podedes escribir e debuxar  de cómo levades estes días, dalgunha actividade que realizades  en familia,  mensaxes de ánimo, , fotos co voso libro favorito, debuxos, poesías,…todo ten cabida neste libro.

Que mellor maneira de celebrar o Día do Libro que facendo un libro entre todos/todas!

Mandade as vosas aportacións ao seguinte email:

 diadolibro2020@gmail.com

                                                  

A recepción de contribucións para o libro  comezará hoxe venres 17 de abril de 2020 e

rematará o día venres 24 de abril.

A medida que se reciban as contribucións serán inseridas na páxina web do noso centro no

bloque “Biblioteca” sección:

 “Animación a lectura”.

 

 

DÍA D@ NEN@

O feito da situación actual non nos fai esquecer, ao contrario. Hoxe é o DÍA d@ NEN@, polo que queremos dedicarvos estas palabras. Sodes @s nos@s protagonistas, ánimo e valentía!
 
O equipo do profesorado está desexando estar con vós, mentres, #QuedaNaCasa.
 
 
Distribuir contido


logo

by Dr. Radut