Skip to Content

blogue deadmin

PROXECTO VIOLANET

Agradecemos enormemente a Sara Ruíz que contase co noso centro para poder ensinarnos e achegarnos unha vez máis a experiencia de poder ter perto un instrumento tan marabilloso como a viola de gamba. Como todos e todas sabedes algúns terán a oportunidade de poder participar no proxecto de Violanet no Conservatorio de Vigo.

 

Grazas profe Sandra(Música) e grazas Sara por facernos vivir momentos incribles!!!!

 

Regalos marabillosos que nos ofrece o CEIP Vicente Risco

Grazas profe Noe por este regaliño marabilloso que nos fixeches!!!

Ninguén queda inmune aos profes que nos deixan este ano, quen sabe se para voltar algún día! 

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CONCELLO 4º E 5º DE INFANTIL

O prazo para solicitar as axudas escolares municipais  será do 25 de xuño ao 22 de xullo

 

As solicitudes presentaranse mediante cita previa a través de: www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou no 986 810 260

 

As citas poderán solicitarse a partir do luns día 22 de xuño

 

 

 

Todas as persoas dadas de alta na carpeta cidadán do concello poden tramitar a sua solicitude  a traves  dela



As solicitudes  e anexos que se achegan  están preparados para a sua tramitación telemática

 

Despedida de Infantil

Grazas Carlota e familia por facer este fantástico recordo para todas e todos os que pertencemos á comunidade educativa, o paso por Infantil queda cunha lembranza marabillosa. Que sorte temos!!!!!

 

 

 

COMEDOR ESCOLAR

Publicáronse as instruccións de xestión en materia de transporte escolar, comedores de xestión directa e comedores de xestión indirecta para o curso 2020/2021. Así que xa podedes solicitar o comedor escolar no centro.

Adxúntase o pdf

REVISTA ESCOLAR 19/20

Vós tamén formades parte da nosa equipa!!!!!!

 

 

 

Non podiamos deixar pasar a ocasión para poder rendilles un pequeno recoñecemento a Rocío, Loli e Pilar, as nosas coidadoras da limpeza. Elas fixeron, fan e farán que todo o noso colexio, e recinto do centro educativo, estea nas condicións óptimas para que todas e todos os poidamos empregar co maior aproveitamento posible.
Amais, nestes tempos, profes, familias e alumnado, estamos dobremente agradecidas e agradecidos por tanto e tan bo traballo que realizan. Cóidannos en seguridade. É por iso, polo que lles damos as GRAZAS.

 

 

 

IMPORTANTE!!!!! FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2020/2021

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educacón primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

 

Prazo de solicitude: dende o 20 de maio ata o 19 de xuño, ambos inclusive.

 

Presentación de solicitude:

  • Vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)
  • A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. 
  • Presencialmente nos centros docentes
  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

A directora estará no centro de 9 a 14:00 para solicitar os ANEXOS correspondentes en caso de non poder obtelos.

 

Un saúdo

AXUDAS COMEDOR IMPORTANTE!!!!!

AS AXUDAS DO COMEDOR XESTIONADO POLA CONSELLERÍA COMEZARÁN A INGRESALAS HOXE

probando

VergoñaSeladoSorprendido

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut