Skip to Content

IMPORTANTE!!!!! FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2020/2021

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educacón primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

 

Prazo de solicitude: dende o 20 de maio ata o 19 de xuño, ambos inclusive.

 

Presentación de solicitude:

  • Vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)
  • A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. 
  • Presencialmente nos centros docentes
  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

A directora estará no centro de 9 a 14:00 para solicitar os ANEXOS correspondentes en caso de non poder obtelos.

 

Un saúdo



logo

blog | by Dr. Radut