Skip to Content

Estamos na radio

Programa de radio escolar

Programa de radio escolar sobre o libro Flis Fli Ris Flas de Araceli Gonda para Radio Tui:

 

3º PROGRAMA RADIO TUI CURSO 2015-2016

                  

 Marcos Calveiro consegue con Palabras de auga o Premio Merlín de Literatura Infantil 2012.

O alumnado de 5º de Primaria recomenda a lectura deste libro que nos transporta á África máis profunda, a esoutra realidade á que tan doadamente lle damos as costas, a un lugar calquera de esa inmensidade continental onde o sufrimento é continuo e a busca de alimentos a única opción de supervivencia. E, de fondo, a dor máis profunda, o sufrimento de perder un ser querido sen ser a morte quen cause este sentimento; porque hai moitos xeitos de morrer, ou moitas maneiras de marchar. E nese fondo, dicimos, está a guerra, a explotación, ese lado do ser humano que nos achega aos animais para esquecérmonos de sentimentos e corazón. E xunto a este maremagnum de argumentos, temos un protagonista, Amadou, que debe medrar aprendendo que o sufrimento da nai é imprescindíbel para protexelo, que o proteccionismo afastado do pai é un xeito de educación, e que a valentía forma parte intrínseca do ser humano e revélase cando menos un a agarda. Noutro plano, asemade, as mulleres como pedra angular da tribo, como mestras caladas e sufridas, como sustento de futuro.

 

                                


7:45 minutes (7.1 MB)

2º PROGRAMA RADIO TUI CURSO 2015-2016

            Co verniz do misterio arredor dunha casa supostamente encantada "O misterio da Casa do Pombal" ofrece un achegamento ao modo de vida dunha familia particular unida polos lazos de afecto. As xentes de Vilacova cren que a Casa do Pombal está enmeigada, de aí a súa sorpresa cando ven que volve estar habitada. Os inquilinos son a anciá Rosa, os dous nenos que ten ao seu cargo, Ramón e Rita, e as súas mascotas, na procura dun lugar estable para vivir. Axiña se decatan dos estraños feitos que suceden na casa e xuntos descobren o máxico tesouro que servirá para cumprir o seu soño.

Os nenos e nenas de 3º de Primaria queren recomendar este libro para todo tipo de lectores, porque é unha historia moi entretida e doada de ler na que acontecen feitos misteriosos relacionados co mundo da imaxinación e dos soños cargados de bos desexos.                    


5:22 minutes (4.92 MB)

1º PROGRAMA RADIO TUI CURSO 2015-2016

                     

Velaquí a recomendación de lectura que nos aportan os alumn@s de 6º de Primaria: O asasinato do profesor de Matemáticas do escritor Jordi Sierra i Fabra.

Este libro conta a historia de tres rapaces que tiñan problemas coas matemáticas. Ata aquí nada fóra do normal, pero o seu profesor decidiu darlles unha segunda oportunidade: consistiría nunha gymkhana matemática con oito problemas e sete probas de enxeño ou acertixos encadeados. O obxectivo das probas era descubrir ao autor do asasinato do profesor á vez que puñan en funcionamento as súas aptitudes matemáticas. E o máis sorprendente é que o asasinato ocorreu de verdade...

 

O autor Jordi Sierra i Fabra naceu en Barcelona en 1947 e adicou gran parte da súa vida á escritura de libros de xénero narrativo xa que publicou o seu primeiro libro con tan so 12 anos.                     


4:51 minutes (4.44 MB)

3º PROGRAMA RADIO TUI CURSO 2014-2015

           

            

   

Matilda é unha nena de 5 anos, “anormalmente” intelixente que aprendeu a ler pola súa conta ós 2 anos e fai asombrosos cálculos matemáticos sen nengún esforzo. Pero ten unha familia que non sabe apreciala, os seus pais non se dan conta de que é brillante.

Un día descubre que ten poderes telequinésicos e decidirá utilizalos para castigar á srta. Trunchbull, a directora, e devolverlle á súa mestra, a srta. Honey, a felicidade perdida.

 

As nenas e nenos de 6º de Primaria recomendan este libro no que Roald Dahl escribiu unha desas historias inolvidables que se poden reler unha e outra vez a calquera idade e un sempre disfruta coa súa lectura.

                       


12:41 minutes (11.62 MB)

2º PROGRAMA RADIO TUI CURSO 2014-2015

                            

Que pasaría se espertaras na pel doutra persoa? Ricardo odia a Malal, ó mellor porque é negro. Un día, xogando ó fútbol, Ricardo golpea a Malal. En ningún momento imaxinara o efecto que tería porse no seu lugar, na súa vida, na súa pel. Debería telo pensado antes. Agora, xa non hai elección... Este relato de Emmanuel Bourdier ten un fondo moi simple pero necesario: con el aprendemos que porse no lugar do outro é o mellor xeito de evitar prexuicios tan dañinos coma o racismo.

  Esta é a recomendación que nos fan as nenas e nenos de 4º de Primaria.     


5:07 minutes (4.68 MB)

1º PROGRAMA RADIO TUI 2014-15

Aquí estamos de novo participando nos programas de recomendacións literarias de Radio Tui. Nesta ocasión, as nenas e nenos de 5º de Primaria recomendan o libro gañador do Premio El Barco de Vapor 2014, El tesoro de Barracuda, de Llanos Campos.

                Unha historia divertidísima de piratas que correrán mil aventuras a bordo do Cruz do Sur, o navío máis famoso dos sete mares. Todos descubrirán que o maior tesouro non era o que foran buscar senón un moito máis importante.

 


4:44 minutes (4.35 MB)

5º PROGRAMA RADIO TUI 2013-14

  

AS ÁS DE XENOVEVA, de Uxía Casal

As nenas e nenos de 3º de Primaria recoméndannos este libro que conta a historia dunha galiña que está farta de vivir na granxa.

Xenoveva está farta de vivir na granxa.

É unha galiña moi especial, porque ela quere ver o mundo. Un día, cando as súas ás xa están fortes, emprende o voo e comeza a correr aventuras.

O mundo exterior está cheo de emocións e desafíos que esta galiña viaxeira saborea a fondo.     

             

                            


12:10 minutes (11.15 MB)

4º Programa de Radio Tui 2013-14

Programa emitido en Radio Tui o xoves 3 de abril. Un programa no que participaron @s alumn@s de 4º de Primaria recomendando a lectura de Zimbo  de Arturo Abad & Joanna Concejo.

Zimbo é un boneco que está atado aos fíos que manexa o monicrequeiro, polo que está tristeiro. A idea que quere transmitir o autor é que o fundamental na vida, aínda que se sexa unha marioneta é a liberdade.


4:35 minutes (4.21 MB)

3º Programa de Radio Tui 2013-14

O día 27 de febreiro emitiuse en Radio Tui un programa no que participaron @s alumn@s de 6º de Primaria recomendando a lectura de Contos por palabras  de Agustín Fernández Paz.

Os anucios por palabras dos diarios serven como fío conductor das diferentes historias que nos presenta o libro. Once relatos, moi diferentes entre si, mais cunha orixe común: todos eles naceron a partir dos anuncios por palabras que atopamos a diario en calquera xornal. A galería de personaxes destes contos é tan insólita como variada:Os anucios por palabras dos diarios serven como fío conductor das diferentes historias que nos presenta o libro. Once relatos, moi diferentes entre si, mais cunha orixe común: todos eles naceron a partir dos anuncios por palabras que atopamos a diario en calquera xornal.Un unicornio solitario que busca parella, un Spiderman moi habilidoso, un  vampiro sen emprego, un home lobo namorado, unha nai obsesionada pola publicidade, un león con alopecia, un bruxo fascinado pola informática…. Son algúns dos protagonistas das historias que podedes encontrar no libro que vos recomendamos.



6:02 minutes (5.53 MB)
Distribuir contido


logo

by Dr. Radut