- Artista: 4º de Primaria
- Título: Na túa pel
- Xénero: Blues
- Duración: 5:07 minutes (4.68 MB)
- Formato: MP3 Stereo 44kHz 128Kbps (CBR)
Que pasaría se espertaras na pel doutra persoa? Ricardo odia a Malal, ó mellor porque é negro. Un día, xogando ó fútbol, Ricardo golpea a Malal. En ningún momento imaxinara o efecto que tería porse no seu lugar, na súa vida, na súa pel. Debería telo pensado antes. Agora, xa non hai elección... Este relato de Emmanuel Bourdier ten un fondo moi simple pero necesario: con el aprendemos que porse no lugar do outro é o mellor xeito de evitar prexuicios tan dañinos coma o racismo. Esta é a recomendación que nos fan as nenas e nenos de 4º de Primaria. |