Ímosvos presentar o libro dixital que recolle os principais personaxes do Entroido en diferentes lugares de Galicia, así como un vídeo onde se ve como son estas celebracións.
Este material foi recollido por Liliana Carro, mestra no IES Rosais II, centro ao que está adscrito o noso.
Desde o CEIP Vicente Risco queremos agradecer enormemente esta aportación que facemos pública á toda a nosa comunidade educativa.
Queremos tamén que poidades acceder a outros recuros facilitados para poder coñecer e traballar outros aspector do entroido.
Seguindo cos Bolechas, tamén tedes este recurso: https://osbolechas.gal/entroido/entroido.html
Para aprender os personaxes do entroido cunha canción, temos a de David Ramos, Non pare a festa "Entroido": https://www.youtube.com/watch?v=-nKDOsa7iu0
E para saber máis do personaxe típico de Vigo, o Merdeiro: https://www.youtube.com/watch?v=Iwnow_JLcSw
Por último, achegamos un enlace con recursos didácticos variados do Portal da Lingua: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/datas-sinaladas/listado?tipo_recurso=Xestion/recurso/Entroido/