- Artista: 6º de Primaria
- Título: Ela asesinato del profesor de matemáticas
- Xénero: Blues
- Duración: 4:51 minutes (4.44 MB)
- Formato: MP3 Mono 44kHz 128Kbps (CBR)
Velaquí a recomendación de lectura que nos aportan os alumn@s de 6º de Primaria: O asasinato do profesor de Matemáticas do escritor Jordi Sierra i Fabra. Este libro conta a historia de tres rapaces que tiñan problemas coas matemáticas. Ata aquí nada fóra do normal, pero o seu profesor decidiu darlles unha segunda oportunidade: consistiría nunha gymkhana matemática con oito problemas e sete probas de enxeño ou acertixos encadeados. O obxectivo das probas era descubrir ao autor do asasinato do profesor á vez que puñan en funcionamento as súas aptitudes matemáticas. E o máis sorprendente é que o asasinato ocorreu de verdade...
O autor Jordi Sierra i Fabra naceu en Barcelona en 1947 e adicou gran parte da súa vida á escritura de libros de xénero narrativo xa que publicou o seu primeiro libro con tan so 12 anos. |