Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educacón primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
Prazo de solicitude: dende o 20 de maio ata o 19 de xuño, ambos inclusive.
Presentación de solicitude:
-
Vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)
-
A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
-
Presencialmente nos centros docentes
-
En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A DIRECTORA ESTARÁ NO CENTRO DE DURANTE AS MAÑÁS, RECOLLIDA E ENTREGA DOS ANEXOS DE 10:00 A 12:00 PARA AS PERSOAS QUE O PRECISEN.
UN SAÚDO