Skip to Content

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN. CURSO 2022/2023

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN.


CURSO 2022/2023


O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.


FAMILIAS


As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.


As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear


Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

No arquivo adxunto está o modelo de presentación.

 

Nadal 2021

Este festival de Nadal volveu tocar facelo de modo virtual, pero, como cada ano, continuamos asistindo á nosa cita con toda a comunidade educativa.

Mirade as nosas actuacións!

 

E ademais queremos felicitarvos o Nadal dun xeito moi especial.

Todo o alumnado do cole interpreta para vós a panxoliña A run, a run.

Con ela desexámosvos unhas moi boas festas e despedímonos ata o 10 de xaneiro onde volveremos con máis ilusión aínda.

Bo Nadal!

 

COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS

COLABORA CO BANCO DE ALIMENTOS!

 

Scolarest, o noso provedor de servizo de alimentación do comedor, convídanos a participar no seu Proxecto Grow Food Banks.

Hai uns meses asinaron un Convenio con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) para sumar actores solidarios coa causa de FESBAL: a alimentación dos máis vulnerables.

Están a divulgar esta necesidade entre todos os centros educativos nos que ofrecen o seu servizo de comedor.

O noso centro educativo súmase a esta iniciativa cunha recollida de alimentos a semana do 13 ao 17 de decembro.
Compass Group | Scolarest comprométese cun efecto multiplicador, xa que duplica todo o doado. Actualmente máis de 33 toneladas de alimentos foron doados a FESBAL a través de Grow Food Banks.

Desde o noso centro educativo sumámonos para ir máis aló e que esta cifra non pare de crecer. Cremos que estes valores solidarios e de empatía coa realidade social na que vivimos son moi enriquecedores para os nenos.

Convidámoslle a participar cunha doazón de alimento para manter cheos os Bancos de Alimentos. No centro educativo terá toda a información referente ás datas de recollida e tipo de alimento admitido.

Grazas pola súa colaboración

O equipo directivo do CEIP VICENTE RISCO

 

 

 

Arturo e Clementina

Para conmemorar o 25N, todo o alumnado do centro e o profesorado colaborou na realización deste conto titulado Arturo e Clementina.

O alumnado de Infantil e Primaria, ata Quinto, encargouse do decorado e da creación das figuras do conto, mentres que os nosos maiores de Sexto foron os encargados de poñerlle voz ao relato.

O conto está realizado coa App educativa Stop Motion.

Moitísimas grazas ao alumnado e ao profesorado pola participación e implicación neste traballo e nesta conmemoración.

Agora xa deixámosvos co vídeo de Arturo e Clementina, que é a nosa pequena aportación ao 25N.

 

Magosto 2021: Cancións e bailes

Festexamos o Magosto e o Samaín de forma conxunta, pero preparamos actuacións diferentes para cada temática.

Xa vos ensinamos o noso Festival do Samaín e agora tócalle o turno ao Magosto.

Disfrutade das nosas cancións e os nosos bailes!

 

Festival Samaín e vídeo-fotos San Magostín

O alumnado do CEIP Vicente Risco preparou unhas pequenas actuacións para festexar o Samaín e no vídeo tendes o resultado. Ademais adxuntamos a este vídeo o recompilatorio da celabración de San Magostín.

 

San Magostín Curso 21-22

O pasado venres 29 de outubro festexamos o noso particular San Magostín, onde mesturamos a celebración do Magosto e o Samaín.

Este día viñemos disfrazados e comimos castañas.

Ademais tivemos unha gran exposición de cabazas relacionadas coa temática da música e dos sentimentos.

Tamén escribimos os nosos contos de medo para participar no noso concurso literario.

E... por suposto adornamos os nosos corredores.

Pasámolo de medo!

Mirade o noso vídeo recompilatorio deste gran San Magostín e pásadeo igual de ben que nós!

 

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut