Skip to Content

Graduación de Educación Infantil

O pasado martes 22 de xuño tivemos a graduación dos nosos e nenas de 6º de Infantil.

O vindeiro curso xa serán de Primaria!

O acto comezou coa presentación da cerimonia de graduación a cargo da titora Merce.

 

 

Continou coa actuación de todos os nenos e nenas da clase.

 

 

E rematou coa entrega das orlas e moitos máis agasallos, ademais de, por suposto, fotos en distintas zonas do escenario.

Vemos todo neste vídeo resumo.

 

Concerto de Viola de gamba en directo polo alumnado que participa no proxecto Violanet con Sara Ruiz

Hoxe contamos coa inmensa sorte de ter connosco a Sara Ruíz, quen interpretou en directo varias pezas coa viola de gamba.

Todo estivo inmerso dentro do proxecto Violanet e que nos serve como eixo motivador dese gran proxecto musical que temos en mente para o noso centro e que pensamos desenvolver desde o vindeiro curso.

Estivo acompañada por tres alumnos do noso centro (Ricardo, Willy e Carmiña) que o fixeron xenial.

Fixérono tan ben que poderíamos dicir que foron eles quen estiveron acompañados por Sara Ruíz. Moitas felicidades para estes alumnos!

Aquí tendes o vídeo resumo deste gran concerto.

Desexamos que o disfrutedes tanto coma nós!

 

Vídeo de Seccións Bilingües

Here you have our students in Seccións Bilingües lessons.

Their amazing works are posted.

Let's enjoy watching the video.

 

REVISTA DIARIO DAS FLORES Nº 14

Un curso máis publicamos a nosa revista dixital.

Desexamos que vos guste!

 

 

Graduación de sexto

O venres 18 de xuño tivo lugar a graduación de Sexto. O noso alumnado estivo acompañado das súas familias neste acto e este é o resumo do mesmo.

Esperemos que vos guste!

Comezamos este resumo coa canción interpretada por todo o alumnado de Sexto.

 

Seguimos cunha imaxe lembrando os discursos de Diana, Carolina e Andrea.

Entramos xa na entrega das Orlas

 

Aquí estamos todos xuntos

 

Escoitamos agora a canción interpretada por Carolina ao piano e vemos o baile interpretado por todos os nenos e nenas de Sexto.

 

 

E rematamos co flasmob un curso diferente e o derradeiro photocall realizado por este gran grupo de alumnas e alumnos.

Moitas grazas a todos e todas!

 

Concerto didáctico

Hoxe tivemos a sorte de vivir en directo un gran concerto didáctico.

Así aprendimos como soan diferentes instrumentos de corda frotada e achegámonos a ese gran proxecto musical do noso centro.

O alumnado e o profesorado disfrutou e aprendeu un montón con esta gran orquestra.

Agora deixámosvos cun resumo deste concerto para que vós tamén poidades gozar destes grandes momentos.

 

CAMPAMENTO VERÁN NO CEIP VICENTE RISCO: MESES DE XUÑO E XULLO

Comezamos este curso o noso campamento de verán.

Será do 23 de xuño ao 30 de xullo en horario de 9:00 a 14:00.

Se alguén aínda quere anotarse nestas datas, aínda está a tempo. E se coñecedes a alguén de fóra do cole que estea interesado tamén pode anotarse sen problema.

Para calquera consulta que teñades non dubidedes en preguntar.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-22

lIBROS DE TEXTO

A continuación tendes xa o listado de libros para o vindeiro curso.

 


Podedes tamén descargalos no arquivo adxunto.
 

AXUDAS ESCOLARES MUNICIPAIS CURSO 2021-2022

 

 

Achegamos información sobre as Axudas Municipais Escolares- Curso 2021-2022

 

O prazo de presentación de solicitúdes será  do 10 de xuño ao 07 de xullo (ambos incluidos).

 

As solicitúdes presentaránse a través da carpeta cidadán do concello de Vigo ou presencialmente mediante cita previa.

 

Poderáse pedir cita a partir do luns día 7 de xuño

As axudas de libros e material escolar o proximo curso pasan de 85€ a 100€/ alumno. Estas axudas son para alumnas/os de educación infantil.

Nos arquivos adxuntos está toda a información, así como os anexos necesarios para pedir a axuda.

 

As nosas regueifas

Os nenos e nenas de Quinto e Sexto de Primaria interpretaron as súas propias regueifas.

Mirade que ben quedaron!

 

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut