Skip to Content

Novos protocolos COVID publicados

Bos días:

Acabamos de publicar os novos protocolos sobre o COVID.

- Protocolo de adaptación ao contexto Covid-19 (04-11-2020)

- Protocolo ventilación covid

Podedes acceder a eles na pestaña superior (onde pon PLANS COVID). Accededes como convidados e podedes velos sen problemas.

Un saúdo

A directora

 

 

 

O NOSO BLOG DE ACTIVIDADES NO CEIP VICENTE RISCO

Presentámosvos o noso Blog de actividades.

Todo o que vaiamos facendo vai aparecer neste blog.

Está na parte da dereita desta páxina web.

A súa imaxe é

Actividades

Se clicades sobre a imaxe xa vos leva directos ao noso Blog.

Esperamos que vos guste.

 

SAMAÍN 2020: VÍDEO DOS NOSOS MELLORES PARTICIPANTES

Aquí tedes o video recompilatorio das vosas imaxes coas cabazas que recibimos no correo nesta edición especial do Samaín e dentro do proxecto de centro Coidarnos e querenos.

Moitísimas grazas pola vosa participación.

 

 

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS VARIADOS DO MAGOSTO E O SAMAÍN

Hecho con Padlet

PLANTANDO NA NOSA HORTA!

Comezamos xa a plantar na nosa horta.

Comezamos pola clase de 3 e 4 anos.

Mirade que ben o fixeron!

 

Circular Convocatoria Constitución Xunta electoral Consello Escolar

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

 De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN conxunta do 30 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08 de outubro), realizarase proximamente neste Centro a renovación doCONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

  A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 - O director ou directora do Centro.

 - Un profesor ou profesora.

 - Un pai ou nai ou titor legal.

 - Un representante do persoal de administración e servizos

 Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo luns, día 26 de outubro, ás 9.30 horas.

 Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 Vigo, 22 de outubro de 2020

 

A DIRECTORA DO CENTRO

 

Asdo: Sandra Fernández Vidal

DECORANDO O NOSO COLEXIO!!!!

DIN QUE HAI QUE PINTAR A VIDA DE COR!!!! O NÓS TEMOS MOITAS GAÑAS DE DARLLE VIDA AO NOSO COLE!!!

QUE MELLOR FORMA DE FACELO QUE COAS NOSAS PROPIAS MANS!!!!

 

 

 

 

PROXECTO VIOLANET

Como xa sabedes todos e todas este ano tivemos a honra de que novamente nos visitara Sara Ruíz no cole, continuando co proxecto que te entre mans de Violanet. Sentímonos moi honrados de que quixese contar co noso cole!!!

Grazas Sara e grazas profe Sandra (Música) por vivir unhas clases tan marabillosas!!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
Distribuir contido


logo

by Dr. Radut