Skip to Content

Blogues

DÍA D@ NEN@

O feito da situación actual non nos fai esquecer, ao contrario. Hoxe é o DÍA d@ NEN@, polo que queremos dedicarvos estas palabras. Sodes @s nos@s protagonistas, ánimo e valentía!
 
O equipo do profesorado está desexando estar con vós, mentres, #QuedaNaCasa.
 
 

TRABALLO NA CASA

BOS DÍAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA,

 

ANTE AS NOVAS DIRECTRICES DA CONSELLERÍA, O PROFESORADO DO CENTRO PROCEDERÁ A PROPOÑER TRABALLO PARA CASA, DOS CONTIDOS QUE SE ESTABAN A TRABALLAR NA AULA PARA TODO O ALUMNADO. O PROFESORADO DE 5º E 6º O FARÁ A TRAVÉS DE EDIXGAL E O PROFESORADO DOS DEMAIS CURSOS O COLGARÁ NESTE ENLACE.

 PADLET 

 

UN SAÚDO

 Atte:

 

O GRUPO DE PROFESORADO DO CENTRO

 PARA TODOS OS QUE NON CONSEGUIDES VER A APLICACIÓN PADLET NA SÚA TOTALIDADE, ENVIAMOS UN PDF DAS ACTIVIDADES POSTAS NO MESMO

 

 

 

 

IMPORTANTE: Instrucións do 27 de marzo- MEDIDAS A ADOPTAR 2ª AVALIACIÓN

 

1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre.

Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.

  

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

 

ESTIMADAS FAMILIAS

Notificamos que seguindo instrucións da Consellería de Educación, levarase a cabo á avaliación do alumnado tendo en conta o traballo realizado ata a declaración do estado de alarma.

O venres 3 de abril a partires das 14:00 horas, as cualificacións do alumnado estarán dispoñibles a través da aplicación AbalarMobil, da cal adxuntamos enlace explicativo de cómo descargar e usar dita aplicación: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

Se hai algún problema en descargalo volas enviaremos por otro medio telemático.

Para calquera dúbida ou pregunta, podedes contactar con nós a través do correo electrónico do centro

Un saúdo

 

 

 

 

 

 

AXUDAS COMEDOR

 

1.   A qué persoas vai dirixido?

 

 A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros ou 1€ polo comedor.

 

 2.    En qué consiste a axuda?

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

E dicir, axúdase economicamente a manutención do alumnado que é usuario no comedor do centro educativo.

 

.

3.    Qué axuda se vai a percibir?

2,50 € no casos de alumnado gratuidade total

1,50 € para o alumnado que paga 1€

 

 

4.    Qué días cubre esta axuda?

Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo

  

Abril: dende o 1 ó 3 de abril:

  

Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio

(non incluído por ser festivo)

  

5.    Cómo se vai a pagar?

En dous pagamentos.

1 pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).

 

2 pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

 

 Quen son os beneficiarios?

Familias que cumpren os requisitos económicos (punto 2) cun ou máis fillos escolarizados en centros educativos ó cargo da Consellería de Educación.

 

 6.    Cómo presentar a solicitude e qué prazo hai?

Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.

 

Presentación: Forma electrónica sempre, de dúas formas:

   

1. Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,

 

  https://sede.xunta.gal

   

Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.

 

  2.Enviando un correo electrónico a Dirección do centro:

   

ceip.vicente.risco@edu.xunta.es

   

cos seguintes datos:

  

 Nome do pai ou da nai e nº de DNI:

(Cos datos de 1 é suficiente)

  

Nome e curso do alumno/a:

Número de conta bancaria:

Publicítase a resolución das familias beneficiadas?

NON,

 

 porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria.

 

Canto tempo tarda en resolverse a resolución?

10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

 Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en aboar o pagamento?

  5 días dende que salga a resolución.

 

Atentamente a dirección do CEIP VICENTE RISCO DE VIGO

 

Asdo. SANDRA FERNÁNDEZ VIDAL

 

 

 

 

 

 

 

 

RECONQUISTIÑA

 
Ola familias,

Aproveitando que temos a Reconquista pertiño, vos propoñemos un reto!!! Enviádenos cousiñas relacionadas coa mesma, dámosvos ideas para elo: unha canción, un baile, unha pequena representación, un conto narrado por vós, tocando o tambor...Sodes libres de facer o que queirades e se o facedes nolo deixedes pendurar na páxina web do cole.

Reconquistemos dende as nosas casas!!!                     #Reconquistiñaceipvicenteriscoencasa
 
Hai alguén que xa estrenou o reto!! Grazas Carmiña!!
 
 
 
 
 

AXUDAS MUNICIPAIS CORONAVIRUS CONCELLO DE VIGO

AXUDAS CONCELLO

 

Nota:un dos correos das axudas ao Concello era erróneo así que este é o correcto.

axuda.comedor@vigo.org

INFORMACIÓN CENTRO

CEIP VICENTERISCO-VIGO

Rúa Santander, 10 –36207

Telf: 886 120 185 Fax: 886 120189

email: ceip.vicente.risco@edu.xunta.es

 

 

 Estimadas familias:

 

Poñémonos en contacto convosco, para informarvos das medidas que se desenvolverán nos seguintes días, a raíz da suspensión das aulas e peche do centro por mor do coronavirus. Ditas medidas son a concreción das instrucións provisionais colgadas o dío 13/03/2020 ás 13.50 h. no Portal da Dirección da web corporativa Educativa da Xunta de Galicia.

 

As medidas serán as seguintes:

 

·         O centro permanecerá pechado durante dende o día 16/03/2020 ata o 11/04/2020, nese período o alumnado non asistirá ás aulas. Durante ese período non haberá actividades extraescolares, programas educativos (REFORZA-T), servizos complementarios como comedor.

 

As actividades a desenvolver polo alumnado terán como finalidade favorecer a continuidade ao proceso de aprendizaxe, serán colgadas a través desta web, no enlace do programa PADLET para Infantil, 1º,2º,3º,4º de Primaria. Para 5º e 6º utilizará E-dixgal.

·         *nota importante: as actividades non serán avaliables e son de carácter orientativo e non obrigatorio para as familias.

·         Para a titorización dxs vosxs fillxs/as, e para respostar a calquera dúbida das actividades, poderedes contactar empregando:

o   Un correo electrónico a través do enderezo electrónico: ceip.vicente.risco@edu.xunta

·         poñendo no asunto o nome do/a mestre/a a quen vai dirixida a consulta

Ex. : Consulta de titoría á/o mestre/a ……….

·         Nós redixiremos dita consulta ao profesorado que respostará na maior brevidade posible.


o    Pregámosvos, na medida do posible, non empreguedes o teléfono do centro para facer consultas de titoría.

 

·         Calquera modificación ao respecto destas medidas será notificado a través desta web, pregámosvos permanezades atentxs.

 

·         En relación ao Proceso de ADMISIÓN:

 

o    Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio dasclases.

o    Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

·         Calquera consulta ou dúbida de carácter xeral poderedes facela:

o  no teléfono do centro: 886 120185

o     no enderezo electrónico: ceip.vicente.risco@edu.xunta.es

 

Agradecemos    a     vosa    comprensión,         lamentamos    os     contratempos ocasionados e pregámosvos colaboración para superar esta situación.

 

Recibide un saúdo do Equipo docente desde centro.

 

Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas pode

cambiar o mundo”

 

Eduardo Galeano

Suspensión das clases

______________________________________________________________________________________

INFORMACIÓN  IMPORTANTE

CORONAVIRUS

A partires do luns 16 de marzo suspéndense as clases durante 14 días.

Mañá venres 13 será voluntario enviar ao alumnado ao cole.

Manteremos informada á comunidade educativa nesta web

EDUXUNTA COVID19

https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

 

 

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut