1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre.
Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.
ESTIMADAS FAMILIAS
Notificamos que seguindo instrucións da Consellería de Educación, levarase a cabo á avaliación do alumnado tendo en conta o traballo realizado ata a declaración do estado de alarma.
O venres 3 de abril a partires das 14:00 horas, as cualificacións do alumnado estarán dispoñibles a través da aplicación AbalarMobil, da cal adxuntamos enlace explicativo de cómo descargar e usar dita aplicación: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil
Se hai algún problema en descargalo volas enviaremos por otro medio telemático.
Para calquera dúbida ou pregunta, podedes contactar con nós a través do correo electrónico do centro
Un saúdo
Adxunto | Tamaño |
---|---|
INSTRUCIONS_27_marzo.pdf | 225.58 KB |