1. A qué persoas vai dirixido?
A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.
E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros ou 1€ polo comedor.
2. En qué consiste a axuda?
As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.
E dicir, axúdase economicamente a manutención do alumnado que é usuario no comedor do centro educativo.
.
3. Qué axuda se vai a percibir?
2,50 € no casos de alumnado gratuidade total
1,50 € para o alumnado que paga 1€
4. Qué días cubre esta axuda?
Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo
Abril: dende o 1 ó 3 de abril:
Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio
(non incluído por ser festivo)
5. Cómo se vai a pagar?
En dous pagamentos.
1 pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).
2 pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.
Quen son os beneficiarios?
Familias que cumpren os requisitos económicos (punto 2) cun ou máis fillos escolarizados en centros educativos ó cargo da Consellería de Educación.
6. Cómo presentar a solicitude e qué prazo hai?
Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.
Presentación: Forma electrónica sempre, de dúas formas:
1. Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.
2.Enviando un correo electrónico a Dirección do centro:
ceip.vicente.risco@edu.xunta.es
cos seguintes datos:
Nome do pai ou da nai e nº de DNI:
(Cos datos de 1 é suficiente)
Nome e curso do alumno/a:
Número de conta bancaria:
Publicítase a resolución das familias beneficiadas?
NON,
porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria.
Canto tempo tarda en resolverse a resolución?
10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en aboar o pagamento?
5 días dende que salga a resolución.
Atentamente a dirección do CEIP VICENTE RISCO DE VIGO
Asdo. SANDRA FERNÁNDEZ VIDAL
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ORDE_do_27_de_marzo_2020.pdf | 240.95 KB |