Skip to Content

Blogues

VISITA ESPECIALÍSIMA

NO MES DE XANEIRO TIVEMOS A OCASIÓN DE COÑECER A VIOLA DE GAMBA CON MESTRAS DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO. DENTRO DO PROXECTO "TEACHING TO TEACH" UNHA ALUMNA DO CONSERVATORIO E A SÚA MESTRA SARA RUÍZ NOS ENSINARON A TOCAR A VIOLA.

DELEITÁTONNOS TAMÉN CUN CONCERTO, SOAMENTE PODEMOS DENDE O CEIP VICENTE RISCO AGRADECER A SÚA PRESENZA, SENSIBILIDADE E CARIÑO CO ALUMNADO DESTE COLEXIO!!!

 

 

 

DÍA DA PAZ

Visita do equipo de medioambiente de PSA

Tivemos a sorte a semana pasada de ter unha charla moi interesante do medioambiente!!!

Rogelio Méndez de como se recilan os materiais que forman parte do automóbil: aceiro, plásticos, residuos electrónicos...Grazas por vir aos integrantes de PSA, Darlim, Metalimpex,Samaín.

Unha sorte tervos con todas e todos nós!!!

 

Alice´s Adventure

" As nosas alumnas e alumnos  de 5º e 6º  disfrutaron dunha obra de teatro en inglés no teatro Afundación.
Rimos cos personaxes Tweedledum e Tweedlede, que se adaptan ós nosos tempos, pois pretenden grabar un video onde tamén aparece Mario, ( xa xavedes de que Mario falo).
Polo escenario desfilan  "the white rabbit", "dormouse" " the hatter" e por suposto, Alice.
Todos eles excentricos e, porque non dicilo, maniáticos pero encantadores, como moita xente coa que convivimos".
  

VISITA DO SECRETARIADO XITANO!!!!!!

Tivemos a sorte de contar coa visita do Secretariado Xitano pra facer dous talleres cos nenos de Infantil e con diferentes aulas de Primaria, foi un pracer tervos perto que nos contárades tantísimas cousas interesantes. Descubrindo e viaxando polo mundo e cultura xitanas.Bailamos, cantamos, reimos e aprendimos máis sobre a cultura xitana.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS!!!

O 3 DE MARZO ÁS 17:30!!

Seguimos reciclando e aprendendo de maneira divertida como facelo!!!!!!

O alumnado de Infantil, 1º,2º,3º e 4º tivemos a sorte de que nos visitara Dinoseto e nos contase cousiñas da reciclaxe, tan importante sempre para coidar o medio que nos rodea!!!

 

E seguimos na nosa horta!!!

Hoxe tocou prantar morangos, coñecer para algúns os cultivos de inverno, xa que temos compañeiros que non coñecían o inverno ata que chegaron a Vigo.Tamén tocou coidar as que xa sacaron o seu fruto para que sigan crecendo!!!

 

 

RECONQUISTIÑA

O 25 DE MARZO, AS AULAS DE 5º,1º E 2º DE PRIMARIA IRÁN COMO REPRESENTANTES DO COLEXIO Á RECONQUISTIÑA DE VIGO. COMO NOS TEDES QUE AXUDAR UN POUQUIÑO A FACER OS TAMBORES QUE LEVAREMOS AO DESFILE, SOLICITAMOS A VOSA AXUDA, E AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS INDICACIÓN E IDEAS PARA PODER FACER ESES TAMBORES!!!!

 

 

 

Bo Nadal para todo@s!!!

Hoxe ademáis de ser o último día, o día da entrega de boletíns, o día de xogos, de que o profesorado nos deixe facer o que queiramos, tivemos a sorte de que nos fixeran un mimo fantástico!!! A ANPA deunos chocolate con biscoitos para todos e todas.

Por parte do cole GRAZAS a ANPA porque este trimestre foi un traballo en equipa con todas e todos nós. Que o vindeiro nos traía máis equipa e máis proxectos. 

 

Bo Nadal para toda a Comunidade Educativa!!! Moita saúde e moita felicidade!!

Bicos e apertas

 

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut