Blogues
Recomendacións para o Nadal
Achégase o Nadal e con el os agasallos de o Apalpador, Papá Noel e/ou Reis Magos.
Desde o Departamento de Orientación achegamos unha serie de recomendacios sobre os xoguetes que consideramos son máis axeitados para escribir na carta.
Aproveitamos para desexar a toda a Comunidade Educativa BO NADAL!
Exercendo sempre de músico e de mestre
Sempre presente e animando ao alumnado do Vales Villamarín, Paco xa forma parte do noso "voluntariado".
Clica na foto para ver o vídeo.
3 de Decembro: Día das Persoas con Discapacidade
Un ano máis, a nosa escola celebrará, con un montón de actividades relacionadas coas cores, o 3 de Decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade,, englobado dentro dun proxecto máis amplo de atención á diversidade.
Comezamos coa lectura do magnífico libro " Las Ciudades de Colores" de María Bautista e Raquel Blazquez, para posteriormente, entre todos, encher o colexio de cores con cidades de cores, cordas de cores, mandalas, pictogramas...
Para ver o conto adaptado a pictogramas pinchade aquí.
E tamén, ao longo da semana, veremos e reflexionaremos sobre a curta de " Cuerdas"
Este ano colaboran con nós neste proxecto as escolas Unitarias de Coirós. Desde aquí agradecer o seu magnífico agasallo: unha fermosísima cidade de cores!. Cando estea rematada a exposición amosaremos as fotos. De momento un aperitivo...
Aprendendo a ser médicos
Samaín e Magosto en Infantil
En Infantil celebramos o Samaín e o magosto, para isto contamos coa axuda das familias, dámoslles as grazas pola súa participación e colaboración.
Clica na imaxe para ver as fotos ou neste enlace.
PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN!
Estamos de noraboa!!
O noso centro é gañador do Premio Nacional de Educación 2014 polo proxecto " Atención a la diversidad a través de la Sensibilización y la Formación Permanente. ¿Seguimos o plantamos?".
Pinchade na imaxe para ver o proxecto presentado
Desde o curso 2011-2012 o noso centro leva a cabo un proxecto de sensibilización e formación sobre a atención á diversidade para toda a comunidade educativa e así, poder construir unha escola pensada en e para TODOS, partiendo do concepto de diferencia como un valor e un reto en sí mesmo. Un proxecto que vai crecendo e ao que cada ano súmase máis xente.
“¿Seguimos ou plantamos?” é o comenzo das xornadas de formación do pasado curso académico 2013-2014: toda a comunidade educativa seguimos, un ano máis, a formarnos para mellorar a educación do nosos alumnos/as e fillos/as. Pero tamén plantamos: plantamos na nosa comunidade os principios que nos leven a acadar unha escola de calidade, que de resposta á diversidade personal, cultural, social…que a caracteriza e a enriquece, sabendo que a forma de acadalo é a través do traballo en equipo, coa participación activa de todos os axentes educativos.
Desde o Departamento de Orientación queremos dar as gracias as todos os que fixéchedes posible este premio: compañeiros e compañeiras que colaborades en todo, que tedes interés pola formación que mellore a vosa práctica docente en xeral e a atención á diversidade en particular, aos diferentes equipos docentes que dinamizades o proxecto (Biblioteca, TICs, Actividades Complementarias e Extraescolares...), ao Equipo Directivo por crer nunha educación de calidade para o alumnado con nee e loitar pola verdadeira escola inclusiva, ao ANPA sempre dispostos a colaborar e propoñer iniciativas en prol da calidade educativa, partindo dunha crítica constructiva, ao Concello por crer no noso proxecto e poñer todos os recursos necesarios á nosa disposición, ao CFR, familias... A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
Para acceder ás actividades, imaxes, recursos.. podedes pinchar aquí.
Para ler noticias de prensa acceder aos enlaces:
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2014/11/22/vales-valemos/901711.html
Formación interesante: Xornadas AGPETAL
A Asociación Galega de Profesorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe (AGPETAL) organiza as súas XIV Xornadas os días 12 e 13 de decembro en A Coruña, cunha temática moi interesante: Trastornos do desenvolvemento en educación infantil. Estratexias e técnicas de intervención en comunicación e conducta.
Para inscribirse hai que enviar boletín de inscripción e xustificante de pago a: agpetal@gmail.com
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- …
- seguinte ›
- última »