3 de Decembro: Día das Persoas con Discapacidade
Un ano máis, a nosa escola celebrará, con un montón de actividades relacionadas coas cores, o 3 de Decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade,, englobado dentro dun proxecto máis amplo de atención á diversidade.
Comezamos coa lectura do magnífico libro " Las Ciudades de Colores" de María Bautista e Raquel Blazquez, para posteriormente, entre todos, encher o colexio de cores con cidades de cores, cordas de cores, mandalas, pictogramas...
Para ver o conto adaptado a pictogramas pinchade aquí.
E tamén, ao longo da semana, veremos e reflexionaremos sobre a curta de " Cuerdas"
Este ano colaboran con nós neste proxecto as escolas Unitarias de Coirós. Desde aquí agradecer o seu magnífico agasallo: unha fermosísima cidade de cores!. Cando estea rematada a exposición amosaremos as fotos. De momento un aperitivo...