PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN!
Estamos de noraboa!!
O noso centro é gañador do Premio Nacional de Educación 2014 polo proxecto " Atención a la diversidad a través de la Sensibilización y la Formación Permanente. ¿Seguimos o plantamos?".
Pinchade na imaxe para ver o proxecto presentado
Desde o curso 2011-2012 o noso centro leva a cabo un proxecto de sensibilización e formación sobre a atención á diversidade para toda a comunidade educativa e así, poder construir unha escola pensada en e para TODOS, partiendo do concepto de diferencia como un valor e un reto en sí mesmo. Un proxecto que vai crecendo e ao que cada ano súmase máis xente.
“¿Seguimos ou plantamos?” é o comenzo das xornadas de formación do pasado curso académico 2013-2014: toda a comunidade educativa seguimos, un ano máis, a formarnos para mellorar a educación do nosos alumnos/as e fillos/as. Pero tamén plantamos: plantamos na nosa comunidade os principios que nos leven a acadar unha escola de calidade, que de resposta á diversidade personal, cultural, social…que a caracteriza e a enriquece, sabendo que a forma de acadalo é a través do traballo en equipo, coa participación activa de todos os axentes educativos.
Desde o Departamento de Orientación queremos dar as gracias as todos os que fixéchedes posible este premio: compañeiros e compañeiras que colaborades en todo, que tedes interés pola formación que mellore a vosa práctica docente en xeral e a atención á diversidade en particular, aos diferentes equipos docentes que dinamizades o proxecto (Biblioteca, TICs, Actividades Complementarias e Extraescolares...), ao Equipo Directivo por crer nunha educación de calidade para o alumnado con nee e loitar pola verdadeira escola inclusiva, ao ANPA sempre dispostos a colaborar e propoñer iniciativas en prol da calidade educativa, partindo dunha crítica constructiva, ao Concello por crer no noso proxecto e poñer todos os recursos necesarios á nosa disposición, ao CFR, familias... A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
Para acceder ás actividades, imaxes, recursos.. podedes pinchar aquí.
Para ler noticias de prensa acceder aos enlaces:
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2014/11/22/vales-valemos/901711.html