Blogues

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

A rapazada de 6º de E. Infantil fixo unha excursión ao Museo de Belas Artes, onde puideron gozar de esculturas e pinturas de diferentes artistas.

CLICADE NA IMAXE

WHAT MONSTER!

PREMEDE NA IMAXE

24 DE FEBREIRO

Hoxe tivemos unha xornada moi variada e chea de actividades!

Os nenos e nenas de 6º de Primaria asistiron, na Coruña, a unha obra de teatro en inglés titulada What monster!". A rapazada de infantil tivo a sorte de probar as filloas, grazas á colaboración das súas familias. Os de 1º e 2º tivemos unha xornada de xogos populares, coa axuda de nenos e nenas de 5º. E todo o cole gozou coa variedade de disfraces que levamos!

Moitas grazas a todos e todas!

clicade na imaxe!

ROSALÍA DE CASTRO

Estes días andamos a coñecer máis polo miúdo a Rosalía, aí vai un adianto do que estamos a aprender...

XUBIVALES

Hoxe, as nenas e nenos de 2º de Primaria e as súas mestras, tivemos a sorte de ver a obra de teatro O Ratiño Presumido, representado por un grupo de mestras xubiladas do cole. Moitas grazas Carmen, Merchi, Toñita, Sonia, Pilar, Marita e Tita por facernos pasar un bo rato!!! Voltade cando queirades...

ENTROIDO

Un ano máis, no Vales, e acompañados pola Escola de Educación Infantil de Coirós, celebramos o Entroido por todo o alto!

Premede na imaxe

ENTROIDO SEGURO

Hoxe 3º, 4º e 6º de Primaria recibiron a visita de técnicas do Instito Galego de Consumo. Faláronlles sobre os riscos dos disfraces, dos xoguetes, da etiquetaxe dos produtos,... Para rematar fixeron unha careta que decoraron e etiquetaron cos símbolos axeitados.

1º VISITA O MUNCYT

Nesta semana de Entroido, a rapazada de 1º de Primaria gozou coa saída ao MUNCYT. Aprenderon un montón de cousas sobre os medios de transporte e sobre os inventores e inventoras, que están máis preto do que pensamos!! Ata entraron nunha cabina de avión e voaron cos seus pequenos helicópteros!!

PREMEDE NA IMAXE

CONCERTO DE ENTROIDO

Nenos e nenas de 5º de Primaria asistiron no Ágora, Coruña, a un concerto didáctico da Banda Municipal da Coruña, presentado por Paula Carballeira.

Fantástico concerto ao que se pode asistir de balde, este sábado 18 ás 12:00h no centro Ágora.

Distribuir contido