Curso 2022-23

XORNADAS DE IGUALDADE

O pasado 24 de novembro deron por finalizadas un total de 6 sesións sobre materia de Igualdade que nos ofreceu o Cocello de Silleda. Os nenos e nenas de 5º e 6º, en forma de xogo e outras dinámicas, tiveron a oportunidade de aproximarse a conceptos sobre a diversidade sexual e os estereotipos de xénero.

Melloras nas instalacións do colexio

A Xunta de Galicia vai acometer unha reforma das instalacións do colexio CEIP Ramón de Valenzuela, en Silleda, co fin de facelas máis confortables e máis sostibles, seguindo as especificidades marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta dos próximos anos para actuacións nos centros educativos galegos.

Así o anunciou onte o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha visita a este centro educativo para presentar os detalles das obras que se van a levar a cabo e que suporán un investimento de preto de 400.000 euros por parte do Goberno galego.  

Segundo explicou o conselleiro, o proxecto foi licitado hoxe mesmo e, unha vez adxudicadas, as obras terán un prazo de execución de tres meses.

Os  traballos abranguen a reforma dos aseos da planta baixa e da primeira planta, así como a colocación de falso teito e iluminación tipo led na primeira planta.   Así mesmo, procederase á substitución das cubertas planas do teito da planta baixa, da zona de acceso ao centro e da zona traseira por outras novas de similares características. E no patio cuberto cambiarase a cuberta inclinada de fibrocemento por outra de panel sándwich.

 

 

25 de Novembro Día Internacional contra a violencia de xénero

Un ano máis o alumnado do CEIP Ramón de Valenzuela traballou  o día internacionacional contra a violencia de xénero. Preme na imaxe é accede o traballo realizado  con motivo desta conmemoración.

Sesión formativa para ás familas

O Concello de Silleda organizará o 1 de decembro unha sesión formativa para unha campaña do Nadal “libre de estereotipos de xénero”. Será impartida pola Licenciada en Historia Paula Rivela, terá lugar ás 19.30 horas na Casa dá Xuventude e para participar é necesario anotarse no 986 59 20 37. A sesión está enfocada como unha xornada participativa sobre as compras de xoguetes e outros agasallos de Nadal desde a perspectiva de xénero, partindo da análise da publicidade, ata chegar á propia elección dos produtos por parte das familias.

Axudas Complemetarias para Material Escolar Curso 2022-23

Hoxe sae publicado no BOP o anuncio da convocatoria das AXUDAS COMPLEMENTARIAS DIRIXIDAS ÁS FAMILIAS, QUE PRECISAN DUNHA PROTECCIÓN ESPECIAL ASÍ COMO AS QUE TEÑÁN A TODOS OS SEUS MEMBROS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO, PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023.

O prazo para solicitude irá do 25/11 ao 09/12 ambos inclusive.

As solicitudes deben facerse de xeito presencial no Rexistro municipal ou a través da sede electrónica do Concello.

Para máis información descarga os arquivos adxuntos a noticia.

Silleda retoma a Escola de Familia no mes de decembro

A Concellería de Benestar e Educación, retoma a iniciativa da Escola de Familias que busca converterse nun espazo de formación e apoio para pais e nais con fillos/as pequenos, preadolescentes e tamén adolescentes. Distintas persoas profesionais da pedagoxía e da xestión emocional serán as encargadas de impartir estas charlas informativas.

A primeira das catro sesións previstas para os vindeiros meses celebrarase o vindeiro sábado 3 de decembro baixo o lema Reiniciando. Está dirixida ás famlias das crianzas máis pequenas (de 0 a 6 anos), e nela abordaránse cuestións como a creación de hábitos, a coherencia no acto/discurso, o uso das pantallas, estilos de crianza ou como xestionar as rabietas, premios e castigos.

A cita será na casa da xuventude ás 10.30 horas e para facilitar a asistencia haberá unha sala de conciliación onde as crianzas serán atendidas por personal monitor mentras os proxenitores asisten á charla.

2ª SESIÓN ‘Repensando’ (1ª parte), 21 de xaneiroPara familias con menores de 6 a 12 anos. Co avance da vida van aparecendo dúbidas e novas inquietudes, condicións e características. Nesta proposta traballaremos qué facer, qué cambiar e cómo avanzar, é dicir, repensaremos a crianza realizada para continuar coa que queremos ter. Temas a tratar: Estilos de crianza, Hábitos de vida, A igualdade na crianzas, Sobrecarga nos tempos.

3ªSESIÓN ‘Repensando’ (2ª parte), 4 de febreiro- Para familias con menores de 6 a 12 anos .Temas a tratar: Premios e castigos, O emprego das pantallas, Vivencias persoais, Repensemos xuntas.

4ª SESIÓN ‘Reconstruíndo’, 4 de marzoPara familias con adolescentes.  Finalizada a infancia, as crianzas entran nunha nova etapa, a través da cal se reconstrúen certas crenzas, pensamentos, ideas…é preciso educar dende a empatía e a comprensión, atender as necesidades educativas en relación á sexualidade e fomentar relacións baseadas no consentimento. Temas a tratar: O noso rol na adolescencia, sexualidade, relacións e consentimento, comunicación.

A participación é gratuíta pero solicítase inscrición previa no 986592037. As inscricións colleranse ata tres días antes da charla.

Bandeira contará cunha ludoteca de Nadal

O Concello de Silleda, a través do departamento de Educación que dirixe Ángela Troitiño, organiza nas vacacións de Nadal unha ludoteca, en horario de mañá, para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade. Esta iniciativa, que xa se estrenou ano pasado, busca facilitar a conciliación das familias durante as vacacións de Nadal, sumándose a outras iniciativas municipais neste mesmo ámbito.

A ludoteca, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, contará con actividades en Silleda e na Bandeira, de luns a venres dende o 23 de decembro ao 5 de xaneiro, sendo o centro de actividades o pavillón deportivo César G. Fares en Silleda e o auditorio Manuel Dopazo na Bandeira.

O custe deste servizo é de 55 euros (45 euros no caso da asistencia do segundo irmán/á ou sucesivos).  As persoas que desexen participar deben de cubrir o modelo normalizado de inscrición dispoñible no Rexistro municipal ou facelo a través da sede electrónica. Para máis información poden chamar ao teléfono 986 592037. As prazas asignaránse por orde de inscrición.

 

Os riscos de seguridade nas novas texnoloxías

O pasado 17 de novembro o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla sobre "os riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e nas redes sociais", impartida pola Garda Civil. Este Ciclo de sesións informativas forman parte do plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos.

SAMAÍN 2022

Agora que o Samaín rematou tócanos contarvos o que aquí pasou. Aproveitamos unha semana de medo, diversión, invetigación e aprendizaxe para converter a nosa Biblioteca nunha "Biblio Ruta do Monte Viso", xa que descubrimos que preto de Santiago está o Monte Viso. Un monte que recrea nos seus camiños figuras de seres fabulosos da mitoloxía oral galega. Nós seleccionamos aqueles que máis nos gustaron e os interpretamos coma sabemos. Este foi o resultado:

Toda a nosa investigación quedou recollida nun documento na bilioteca e se queredes saber máis picade na imaxe  da mostra das lecturas de "Samaín". Lecturas que viñan aderezadas de monstruos, fantasía, cabazas, pantasmas e meigas.

E para rematar deixamos o que máis vos gusta: As nosas fotos en grupo o "Día de Samaín"

 

Plan Proxecta. Proxecto TERRA

O pasado 2 de novembro os alumnos de 3º e 4º de E.Primaria participaron nunha actividade do Plan Proxecta, levado a cabo pola Sociedade Cooperativa Galega Miudiño.

 

 

 

A través desta actividade fixemos unha reflexión sobre o noso patio e coñecimos patios un pouco diferentes o noso. Tamén debuxamos e/ou escribimos como sería o noso patio ideal, e o puxemos en coñecemento dos nosos compañeiros... se cadra os mestres tomaron nota e temos algunha sorpresiña.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet