Curso 2022-23

Información para alumnado de 6º Primaria

O I.E.S. Plurilingüe Pintor Colmeiro informa de que todo o alumnado do CEIP Ramón de Valenzuela que solicitou reserva de praza no período indicado para iso, nos meses de xaneiro e febreiro, ten garantida esta praza para o curso 2023-24. Deberán formalizar a matrícula entre o 23 de xuño e o 7 de xullo de 2023.

Para máis info preme na imaxe :

 

 

OS CACHARELOS VISITARON O NOSO COLE

Os Cacharelos son personaxes que protagonizan o domingo do Entroido en Lalín. Engalanados con roupas de cores laranxas, amarelas e vermellas que lembran as lapas de lume das cacharelas e cunha máscara que imita o "Mascarón" da obra de Laxeiro, achegáronse ao noso cole a falarnos e darnos a coñecer a tradición deste Entroido que está medrando rapidamente.

Picade na imaxe para ver todo o que aprendemos.

ALTO DOS XENERAIS INFANTIL

En Bandeira o Entroido é unha tradición e calquera que pase pola zona non pode deixar de ver o "Alto dos Xenerais". Na escola temos a sorte de contar cuns "xenerais" moi especiais que cada ano veñen a facer, en primicia o "Alto dos Xenerais Infantil" para os compañeiros e compañeiras do cole. É o mellor alto que podedes ver neste Entroido!! Picade na imaxe e veredes!!

XOGAMOS CON XOGADE

XOGADE é unha iniciativa promovida e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma,

Os nenos e nenas dende 4º de Primaria ata 6º participaron nesta iniciativa onde viviron momentos moi emocionantes, divertidos e levaron unha que outra alegría. Aquí deixamos un pequeno resumo!!

 

OS MANDADIÑOS DE GARABULLO

Xa chega o Entroido. Se afinamos o oído xa podemos escoitar os ritmos das charangas e os "Altos" que empezan a resoar pola contorna. Nós no cole non somos menos, e tamén nos preparamos para o Entroido algareiro e divertido. Para ir facendo boca Garabullo propón uns mandadiños. Facédelle caso!! e comecemos a facer barullo!!

Silleda retoma a escola de familias

A Escola de Familias de Silleda celebra unha nova sesión o próximo día 21 de Xaneiro.Esta sesión terá lugar na Casa dá Xuventude ás 10.30 horas e a ela están convocadas a participar as familias con nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. A asistencia é gratuíta pero é necesaria inscrición previa. A iniciativa parte da concellaría de Benestar e Educación que dirixe a edila Ángela Troitiño. A actividade busca converterse nun espazo de formación e apoio para as familias con fillos pequenos, preadolescentes e adolescentes. Despois da sesión celebrada en decembro e dirixida a familias con nenos de cero a seis anos, retómase esta actividade cunha nova reunión que leva por título Repensando.

Entre os temas a tratar atópanse os estilos de crianza, hábitos de vida, a igualdade ou a sobrecarga nos tempos. Os interesados poden apuntarse chamando ao departamento de Benestar ao 986 592 037. O 4 de febreiro terá lugar unha segunda parte enfocada ás novas tecnoloxías para finalizar o 4 de marzo, na que baixo o título de Reconstruíndo abordarase a etapa da adolescencia.

FESTIVAL DE NADAL 2022

Coma cada ano celebramos o Nadal cun festival moi divertido cheo de música e alegría. Agora toca que todos e todas poidamos gozar lembrando momentos tan felices. BO NADAL e FELIZ ANO familias

VISITA DA ESCOLA DE MÚSICA DA BANDEIRA

O pasado luns tivemos a visita de algúns membros da Escola de Música da Bandeira. Pasamos un momento moi especial e divertido.

Aproveitando a visita as reporteiras da nosa Radio Garabullo fixéronlle unha entrevista a dous dos mestres da Escola. Picade na imaxe para escoitar a entrevista.

 

CARTAS DE NADAL 2022

A maxia do Nadal comeza cando, dentro dun cole coma o noso, pequenos e maiores mestúranse para escribir as súas "Cartas de Nadal". Os nosos nenos e nenas agardan ver os agasallos que piden, asegurando bo comportamento e boas notas. Nós compartimos este momento tan fermoso onde a ilusión enche as nosas aulas e a entrada do cole. FELIZ NADAL FAMILIAS!!

Powered by Drupal - Design by artinet