Silleda retoma a Escola de Familia no mes de decembro

A Concellería de Benestar e Educación, retoma a iniciativa da Escola de Familias que busca converterse nun espazo de formación e apoio para pais e nais con fillos/as pequenos, preadolescentes e tamén adolescentes. Distintas persoas profesionais da pedagoxía e da xestión emocional serán as encargadas de impartir estas charlas informativas.

A primeira das catro sesións previstas para os vindeiros meses celebrarase o vindeiro sábado 3 de decembro baixo o lema Reiniciando. Está dirixida ás famlias das crianzas máis pequenas (de 0 a 6 anos), e nela abordaránse cuestións como a creación de hábitos, a coherencia no acto/discurso, o uso das pantallas, estilos de crianza ou como xestionar as rabietas, premios e castigos.

A cita será na casa da xuventude ás 10.30 horas e para facilitar a asistencia haberá unha sala de conciliación onde as crianzas serán atendidas por personal monitor mentras os proxenitores asisten á charla.

2ª SESIÓN ‘Repensando’ (1ª parte), 21 de xaneiroPara familias con menores de 6 a 12 anos. Co avance da vida van aparecendo dúbidas e novas inquietudes, condicións e características. Nesta proposta traballaremos qué facer, qué cambiar e cómo avanzar, é dicir, repensaremos a crianza realizada para continuar coa que queremos ter. Temas a tratar: Estilos de crianza, Hábitos de vida, A igualdade na crianzas, Sobrecarga nos tempos.

3ªSESIÓN ‘Repensando’ (2ª parte), 4 de febreiro- Para familias con menores de 6 a 12 anos .Temas a tratar: Premios e castigos, O emprego das pantallas, Vivencias persoais, Repensemos xuntas.

4ª SESIÓN ‘Reconstruíndo’, 4 de marzoPara familias con adolescentes.  Finalizada a infancia, as crianzas entran nunha nova etapa, a través da cal se reconstrúen certas crenzas, pensamentos, ideas…é preciso educar dende a empatía e a comprensión, atender as necesidades educativas en relación á sexualidade e fomentar relacións baseadas no consentimento. Temas a tratar: O noso rol na adolescencia, sexualidade, relacións e consentimento, comunicación.

A participación é gratuíta pero solicítase inscrición previa no 986592037. As inscricións colleranse ata tres días antes da charla.

AdxuntoTamaño
cartel charlas.pdf654.4 KB

Powered by Drupal - Design by artinet