CEIP Ramón de Valenzuela

Menú mes de decembro

Charla da igualdade

A ANPA Brincadeira do cole Bandeira organizou este pasado luns dous obradoiros inclusivos en colaboración coa Fundación Baiuca Verdescente. Baixo o epígrafe "Igualdade para Bandeira" puxéronse en práctica os obradoiros "Comunicando en Igualdade" e "Xogando en Conxunto".

 

O proxecto financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia dentro do programa “Pacto de Estado contra a violencia de xénero” para asociacións de pais de alumnos de centros educativos da xeografía galega.

Día NON Lectivo

Queridas familias,

Lembrámosvos que o próximo MARTES 7 de DECEMBRO será NON LECTIVO no noso Centro.

O XOVES 9 retomaranse as clases con regularidade. Un saúdo
A Dirección
 

Comunicando en Igualdade

 O próximo Luns día 29 de Novembro o Centro levará acabo un Obradoiro con todo o alumnado de primaria dentro do Ciclo de actividades propostas para celebrar o 25 N.

 

Esta actividade organizada pola ANPA BRINCADEIRA forma parte dun Obradoiro dirixido a todo o noso alumnado como para todas as familias do mesmo. O taller levarase acabo durante toda a mañá , mentres que á tarde tocará o turno ás familias no Auditorio de Bandeira.

 

 

25 de Novembro Día Internacional contra a violencia de xénero

Preme na imaxe é accede o traballo realizado polo alumnado do noso Centro con motivo desta conmemoración.

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 O venres 12 de novembro publicouse a  ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E)

ALUMNADO DESTINATARIO:

Alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial:

Non ten que presentar solicitude (beneficiase directamente):

O alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 (beneficiario do cheque para     material).

 

Ten que presentar a solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

IMPORTANTE!

· Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22.

· O alumnado de Educación Infantil non pode participar neste proceso.

· A solicitude será única para todos os fillos/as ou tutelados admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/2022.

· Descargar a solicitude seguindo o enlace.

· Para máis información consultar a Orde do 28 de outubro.

 

PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN:

Do 15 de novembro ao 27 de novembro do 2021.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumnado solicitando cita previa a través do teléfono 886 151 718

Magosto

Un ano máis o CEIP Ramón de Valenzuela celebra o seu tradicional Magosto.

 

Unha maña cargada de sopresas que comezou coa disputa da carreira, onde puidemos ver o gran estado de forma do noso alumnado que disfrutou cada metro co apoio dos seus compañeiros/as.

 

Feito o esforzó tocaba repoñer forzas disfrutando das castañas feitas por Mejuto.

 

Ao final da mañá tocou a entrega de medallas e recoller o agasallo de recordo pola participación na actividade que consistía nunha chapa diseñada por un neno do colexio.

 (Marisa facendo entrega da medalla aún dos participantes)

 

 

 (Agasallo alumnado diseñado por Adrián de 6º curso)

 

Charla sobre os riscos de seguridade nas novas tecnoloxías

Onte o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla sobre "os riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e nas redes sociais", impartida pola Garda Civil. Este Ciclo de sesións informativas forman parte do plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos.

 

Lecturas Terroríficas!!!

Bos días, garabullos e garabullas !!

Esta última semana a Biblio preparou no hall do Centro  unha recopilación de libros no que destacan moitas  novidades que se incorporan:

lecturas de meeeeeedooooo, misterioooooosaaaaaaassssss, feitizaaanntessss, con segredos ocultosssss....                     

Mmmmm... pica a curiosidade, non si?

 

Pois xa sabedes,.... Para resistir a tentación, non hai mellor que deixarse caer pola Biblio, Animádevos!

Powered by Drupal - Design by artinet