CEIP Ramón de Valenzuela

30 de Xaneiro Día Internacional da NON violencia e da Paz

Para conmemorar o Día Internacional da Non Violencia e da Paz (30 xaneiro) todo o alumnado do Centro ,infantil e primaria, participou en varias actividades. Entre todos elaboramos unha árbore con ramaxe de CORAZÓNS,  neles cada alumno/a expresou os seus desexos ou lemas en relación co coidado do medio ambiente e así o noso aporte de paz co entorno que nos rodea, en relación co proxecto anual de centro “Fortes coma as árbores”.

 

Tamén confeccionamos unhas pombas de papiroflexia que penduramos de ramas colgadas do teito da entrada do centro.

 

Outra das actividades na que se implicou todo o centro foi a decoración, o longo de toda a semana, de mandalas de flores para compoñer o símbolo da Paz en grande.

 

Ao longo da vindeira semana continuaremos a celebrar o Día da Paz con Lecturas pola Paz e tamén traballando coa canción” ECOLOXISTAS” de Mamá Cabra.

ACTUALIZACIÓN PROTOCOLOS- XANEIRO 2022

Unha vez recibida a información da Consellería de Sanidade sobre os novos protocolos de xestión epidemiolóxica ante a aparición de casos de COVID-19 en centros educativos, destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:

• Ante a aparición dun caso positivo no ámbito familiar debedes seguir as indicacións xa existentes para a poboación xeral. Se o alumno/a é contacto estreito dun positivo familiar debe gardar corentena, agás os/as vacinados/as con pauta completa e ou aquelas persoas que superaran a infección por COVID-19 nos últimos tres meses.

 

• No ámbito escolar recibimos estas novas indicacións. Cando un alumno/a é positivo por COVID-19, ben por unha PCR, ben por proba de antíxenos realizada polos servicios de saúde ou ben por un autotest de antíxenos realizado na casa, a familia deberá:

 

  • Chamar ao 881 54 00 45 ou cubrir o formulario de autotest positivo nesta ligazón.
  • Comunicalo ao centro 886 15 17 18 ou ao coordinador COVID.
  • Os casos confirmados de positivo por COVID-19 deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tiveran síntomas durante polo menos os 3 últimos días da infección, poderán reincorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento. Non se requirirá en ningún caso proba algunha para reincorporarse ao centro. A reincorporación non poderá realizarse cando aínda se manifesten síntomas.

 

A partir de agora non se identificarán os contactos estreitos no caso dun positivo por COVID-19 no centro, polo que non se realizará corentena agás nos casos de alumnado especialmente vulnerable por motivos de saúde. Os compañeiros e compañeiras da escola non serán notificados como contactos estreitos dun caso positivo. O centro informará preferentemente a través da app ABALAR MÓBIL, a aparición dun caso positivo na escola para que realicedes unha vixilancia dos menores durante un período de 10 días non que cabe destacar a necesidade de:

 

  • Extremar as medidas de prevención.
  • Evitar o contacto con persoas vulnerables.
  • Reducir as interaccións sociais non esenciais.

 

Sempre que haxa 5 ou mais casos confirmados nunha contorna específica do centro(Considerarase a mesma contorna: un aula, unha liña específica do transporte escolar, unha quenda concreta de comedor ou dunha actividade extraescolar) ou un 20% ou máis de casos positivos relacionados con esa contorna nun período igual ou inferior a 7 días, o centro poñerase en contacto coa Central de Seguimento de Contactos e serán eles quenes tomarán as decisións pertinentes.

 

Apelamos máis que nunca á responsabilidade individual polo ben de toda a Comunidade Educativa e ante calquera dúbida contactade co centro nos teléfonos indicados anteriormente. Moito ánimo ante esta situación e grazas pola vosa colaboración.

 

A Dirección

 

Menú mes de xaneiro

Festival de Nadal 2021

Xa podes acceder o Resumo do FESTIVAL de NADAL 2021 do CEIP Ramón de Valenzuela celebrado o último día de clases.

 

Concurso de Árbores de Nadal

Un ano máis o CEIP Ramón de Valenzuela participa no xa tracidional concurso de Árbores de Nadal que organiza o Centro Comercial de ocio Pontiñas en Lalín.

Nesta nova edición o concurso volve o seu tradicional formato onde cada colexio adorna unha árbore cunha temática elexida que este ano  é a maxia dos contos.

 

Para poder votar polo noso cole fai clic nos enlaces e dalle a me gusta en Facebook ou instagram e comparte a publicación para chegar a máis xente.

 

https://es-es.facebook.com/pontinas.centrocomercial/photos/pcb.5022653954412443/5022650524412786/?type=3&theater

https://www.instagram.com/p/CXwX8MSrRFj/?utm_medium=copy_link

 

Resumo Cartas de Nadal 2021

Cartas de Reis 2021

O de hoxe é un dos días máis esperados do ano polo noso alumnado; Os nenos/as pequenos de infantil e ata os maiores de primaria,  agardan a Noite de Reis para atopar unha sorpresa, pensando que ben que nos portamos e que todo ese traballo merece unha recompensa.

 

Pobres ou ricos, mozos ou vellos, no campo ou nas cidades, Melchor, Gaspar e Baltasar teñen tempo para visitar cada un dos fogares e aínda que haxa crises económicas, aínda que non haxa traballo, aínda que a pandemia a teñamos enriba. Os Reis nunca faltan!!

 

O ritual dos Reis Magos comeza co envío das cartas e o Centro ten unha  canle directa cos Reis. Deixámosvos un par de fotos desta mañá pero en breve disfrutaredes dun resumo moito máis amplo.  

 

 

Escola de familias

O CFR de Pontevedra en colaboración có Concello de Lalín organiza unha conferencia online aberta a todas as familias titulada “Pautas para elixir os agasallos infantís de Nadal” no marco da actividade ENAPAS: A familia como motor de cambio.
 
Esta conferencia trata sobre a importancia do xogo no desenvolvemento afectivo-psicolóxico dos nenos/nenas para abordar e reflexionar sobre a importancia da elección dos agasallos infantís.
 
 

A conferencia que se vai celebrar online será o mércores 15 de decembro de 20:00 a 22:00 horas, para a cal, achegamos o enlace de acceso: lalin.gal/aquelar

Menú mes de decembro

Charla da igualdade

A ANPA Brincadeira do cole Bandeira organizou este pasado luns dous obradoiros inclusivos en colaboración coa Fundación Baiuca Verdescente. Baixo o epígrafe "Igualdade para Bandeira" puxéronse en práctica os obradoiros "Comunicando en Igualdade" e "Xogando en Conxunto".

 

O proxecto financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia dentro do programa “Pacto de Estado contra a violencia de xénero” para asociacións de pais de alumnos de centros educativos da xeografía galega.

Powered by Drupal - Design by artinet