CEIP Ramón de Valenzuela

Plan Director de Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus Entornos

Un ano máis O Plan Director desenvólvese no noso Centro. Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil imparten charlas para promover a seguridade e a prevención ao alumnado de quinto e sexto de primaria e da ESO. Realízanse baixo cinco temáticas: riscos en Internet, acoso escolar, bandas xuvenís, drogas e violencia de xénero.

 

Hoxe celebrouse a primeira das charlas dun ciclo que disfrutarán o alumnado de quinto e sexto de primaria do noso Centro.  O sarxento Dapena da Guardia Civil realizou unha conferencia onde tratou  consecuencias do acoso escolar en quen o sofre, así como a responsabilidade de todos para denuncialo e combatelo.

O próximo xoves 17 de novembro disfrutaremos dunha nova experiencia co tema  “Os riscos de Internet”, co paso da pandemia o uso de Internet incrementouse entre a mocidade e considérase necesario alertar dos riscos que supón o seu uso.

 

LAMBECAZOLAS POLO SAMAÍN

O Samaín rematou pero o outono aínda está a chamar ás nosas portas. Non deixedes de enviar receitas e fotos dos grandes manxares que facedes cos vosos nenos e nenas nesta época. (Na foto vedes a Leo de infantil que fixo biscoito e tortiñas de cabaza). Aproveitade os froitos do outono para seguir mandando máis recetas. Estamos agardando por elas. E se queredes ver algunha das que foron chegando premede na imaxe e xa veredes cantos manxares preparamos...

Día das bibliotecas escolares

 
 
 
O pasado Luns 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, e... Sabedes porque adicamos un día especial ás Bibliotecas Escolares? 

Pois porque as bibliotecas escolares son moi importantes, xa que son as únicas bibliotecas polas que pasa toda a xente en idade escolar do noso pobo.

E nós temos a gran sorte de ter a nosa biblioteca, A biblioteca Xosé López Casal, pola que pasaron moitos dos nosos pais, nais, familiares e moitos compañeir@s e amig@s.

Por iso, aproveitando esta data, 24 de Outubro, preparamos unha pequena homenaxe a nosa Biblioteca e moitas sorpresas... Estade atentos o blogue da biblioteca e nosa web.

 

Samaín

Pagamento do Servizo do Comedor Escolar

O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo (en papel ou por Abalar),deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, sendo este o prazo establecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes. Os métodos para efectuar o pagamento son 3:

1.  Pagamento a través da web ABALAR (MOI ACONSELLABLE) descargue o PDF adxunto na noticia.

2- Pagamento a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda: 

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes. https://ovt.atriga.gal/

* Ruta:cidadáns-pago telemático de taxas e prezos- iniciar (acceso libre) á taxa- iniciar tramitación electrónica - introducir os datos da taxa (recollidos no papel de pago) - intro ducir os datos indentificativos do pagador - pago telemático - selección do método de pago.

3- Pagamento presencial nas entidades bancarias. 

Unha vez feito o pago na entidade bancaria,deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, xa que non recibimos notificación da entidade bancaria.

 

 

 

Madruga no Cole

Dende a Concellaría de Educación,  na súa pretensión de facilitar a conciliación das familias silledenses, vén de crear un novo servizo que ofreza un recurso para o coidado dos e das menores antes da súa entrada nos centros.

 

Así, este servizo levarase a cabo nos dous colexios de titularidade pública do municipio: CEIP PLURILINGÜE DE SILLEDA e CEIP RAMÓN DE VALENZUELA DE BANDEIRA. En ambos dous centros o servizo dará comezo ás 7:50 h, con opción de non almorzar ou opción de almorzo no propio centro (o almorzo outorgado estará composto por leite, cacao e galletas ou cereais), ou ben cabe a posibilidade de  que cada neno/a traia o seu propio almorzo.

 

Para que o servizo se poida levar a cabo requírese un mínimo de 20 inscricións (por colexio).

 

Os prezos do mesmo son os que de seguido se estipulan:

 

Custe mensual do servizo

Custe diario do uso do servizo de almorzo

 

30 €/nenx

 

0,50 €

 

 

O custe do uso do servizo estipúlase de xeito mensual.

O custe do uso do servizo de almorzo estipúlase de xeito diario.

 

As inscricións faranse no Rexistro municipal (de 9:00 a 14:00 h) ou a través da sede electrónica do Concello de Silleda. O prazo de inscricións remata o vindeiro venres 14 de outubro.

 

Para máis información: Concellaría de Educación do Concello de Silleda, 986592037.

 

CAMBIO DE HORARIO

Lembramos ás familias que o vindeiro LUNS día 3 de outubro cambiará o horario de entrada e saída do colexio.

 

XORNADA PARTIDA

(Outubro - Maio)

Horario de Clases de Luns a Xoves: (mañás) 9:20h. - 13:00h. / (tardes) 14:30h. - 16:10h.

Horario de Comedor Escolar: 13:00h. - 14:30h.

Saída alumnado de ED. Infantil 16:05h.

Venres: 9:20h. - 13:00h.

Horario de Comedor Escolar: 13:00h. - 14:00h.

Saída do alumnado 14:00h.

 

Menús comedor Setembro e Outubro

INSTRUCIÓNS PARA A SOLICITUDE DE COMEDOR CORRESPONDENTE AO CURSO 2022-23

Nos arquivos adxuntos está toda a información relativa á solicitude do servizo complementario de comedor escolar para o vindeiro curso escolar 2022/23.

 

* As autodeclaracións entregaranse na secretaría do centro entre o 4 e o 7 de xullo en horario de 9:30 a 13:00h.

Powered by Drupal - Design by artinet