CEIP Ramón de Valenzuela

Menú escolar mes de xuño

HORARIO MES DE XUÑO

Lembramos ás familias que o vindeiro MARTES día 1 de xuño cambiará o horario de entrada e saída do colexio.

 

HORARIO MES DE XUÑO

 

XORNADA LÉCTIVA DE 9:40h A 14:30h

 

Apertura de portas para acceso ao colexio 9:30h

 

COMEDOR DE 14:30h A 15:40h

 

SAÍDA do alumnado TRANSPORTADO DO CENTRO

 

15:40h: Empresa Lázara (Piñeiro-Dornerlas-Cira)

                 Autocares Lázara (Lamela-Cervaña-Moalde)

 

15:45h: Empresa Cuiña (Chapa-Rellas-Escuadro)

   Empresa Cuiña (Chapa-Escuadro)

 

     15:50h: Mombús (Bandeira-Mandúas-Pazos-Abades)

             SAÍDA do alumnado NON TRANSPORTADO

 

 

Este horario poderá sufrir variación de ata 5 minutos ou máis debido a motivos de organización.

 

Prégase puntualidade ás familias do alumnado non transportado.

 

Facendo o camiño

O alumnado de Ed. Infantil durante estas últimas semanas estiveron traballando sobre o Camiño de Santiago.

Deixámosvos unha pequena mostra.

 

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias, publicouse a convocatoria para o fondo de libros e axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Toda a información na Orde do 6 de maio de 2021 

Destinatarios: 

- Fondo libros: alumnado de 3º, 4º , 5º e 6º curso de Ed. Primaria.

- Axudas de libros de texto: 1º e 2º curso de Ed. Primaria.

- Axudas para material escolar: alumnado de 1º a 6º curso de Ed. Primaria.

Prazo de solicitude: do 24 de maio ao 18 de xuño de 2021.

Documentación a presentar se procede:

  • Anexo I e II debidamente cumprimentado.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 
  1. Certificado ou volante de convivencia.
  2. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

A renda a ter en conta é a do ano 2019.

Formularios: poden presentalos no formulario anexo I a través da aplicación electrónica ou presencialmente no centro de 09:30 h a 13:00h no horario de secretaría.

Pode descargar a solicitude aquí: Anexos I e II

O reto de Garabullo

Nunha nova actividade proposta polos equipos da Biblioteca e Dinamización da lingua galega o alumnado do CEIP Ramón de Valenzuela disfrutou dun xogo para demostrar o coñecemento que teñen sobre a autora Xela Arias.

O alumnado encontrou esta mañá nas súas portas unha carta de Garabullo onde se lle facían unha serie preguntas que debían responder para acadar un agasallo. A chapa de XELA ARIAS!!

 

Exposición "Trasdeza pinta o camiño"

 O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria visitou esta tarde no  Centro Cultural Vista Alegre a exposición “Trasdeza pinta O Camiño” un proxecto no que participa o noso Centro e na que puideron ver as obras realizadas polos artistas Vanessa Barcala, David Bibián, Amalia López, Juan Liñares, Marisa Miguélez e Adrián Penido, que participaron o pasado mes de marzo nunha xornada de pintura en vivo levando a cabo as súas obras do natural en diversos enclaves culturais e naturais situados en diferentes zonas da Vía dá Prata e tamén do Camiño de Inverno.

(Alumnado de 6º de Primiaria no Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira)

 

Os lugares foran seleccionados polos estudantes dos distintos centros educativos silledenses e o noso Centro seleccionou a “Capela de San Blas “. Os traballos mostran estas paraxes baixo a mirada de cada artista e a través do emprego de técnicas e estilos diferentes. A exposición será itinerante. A súa primeira parada será no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, onde estará desde o 17 de abril ao 17 de maio. Desde alí irá á Casa dá Cultura de Silleda onde se poderá ver do 18 de maio ata o 18 de xuño e posteriormente as obras mostraranse no Mosteiro de Carboeiro desde o 21 de xuño ao 25 de xullo.

(Alumnado de 4º e 5º de Primaria na exposición Trasdeza pinta o Camiño)

Caricaturas Xela Arias Ed. Infantil

O alumnado de 6º de Educación infantil elaborou unhas caricaturas de  Xela Arias nun taller de pintura. Visualiza o vídeo e descobre o seu gran traballo!

 

XELA ARIAS, Letras galegas 2021

 Achégase o día grande das Letras Galegas e o CEIP Ramón de Valenzuela, neste ano 2021, incorporá a Xela Arias aos seus recursos co traballo en prol da nosa lingua. A súa mirada incorfomista e creativa, como mestra, editora, tradutora e poeta,  convida a  facer lectores en galego a través da singularidade da súa palabra.

O noso Centro está a traballar un sin fín de actividades así que estade atentos a nosa Web! 

Amosámosvos o nova pintada na parede do Centro na honra de Xela Arias.

 Xela Arias Letras Galegas 2021

Muro do Centro

 

Educación Infantil sementa amorodos

Aproveitando o bo tempo o alumnado de Ed. Infantil sementou amorodos no horto da nosa escola. Preme no video e disfruta deste bo traballo!!

 

18 de maio día non lectivo

Lembrámoslles que o vindeiro 18 de maio será día non lectivo no noso centro. Polo tanto, non haberá clases.

Powered by Drupal - Design by artinet