Skip to Content

Contratos-Programa

Apadriñamento lector

O programa de apadriñamento é un proxecto de titoría e aprendizaxe entre iguais, de diferentes idades, que intenta crear un ambiente cooperativo e unha relación de afectividade para o ensino-aprendizaxe entre alumnos de diferentes niveis educativos.

Este proxecto ten por obxectivo facilitar a integración dos alumnos no centro escolar, e despois da boa acollida do ano pasado, neste curso decidimos amplialo.

O apadriñamento consiste en que o alumnado dos cursos superiores acompañe aos dos cursos inferiores, tanto en conmemoracións conxuntas realizadas dentro do centro, como nas saídas.

O venres pasado 16 de novembro, levouse a cabo unhas lecturas compartidas dos nenos e nenas de 6º os pequenos e pequenas de 1º.

A continuación, pódese ver os atentos que estaban:

 

 

 

Con esta actividade, conseguimos propiciar así a responsabilidade, as relacións sociais entre iguais e as habilidades sociais.

 

Cosmocaixa: Planetario móvil

 

A semana do 12 ao 16 de novembro, gozamos no centro dun planetario móbil, grazas á FUNDACIÓN LA CAIXA.

 No planetario gozaron todos os alumnos e alumnas de dúas sesións, unha visión das estrelas e un conto.

O conto era "A nena que sabía camiñar ao revés": 

Tivestes algunha vez as estrelas ao alcance da man? Creedes que é posible alcanzalas? Tocalas? Unha vez viviu alguén que podía facelo, alguén que estaba afeito pasear entre estrelas. Ese alguén era unha nena, a Nena que sabía camiñar ao revés. É un personaxe moi especial: Coñece os segredos que garda a Lúa, sabe escoitar as mareas e adoita falar cos árbores… Pero o que máis lle gusta facer é comer torta cos seus amigos mentres contempla o ceo estrelado. Quizá por iso hai tempo que aprendeu a camiñar ao revés, para poder ter sempre o ceo baixo os seus pés.

A Nena que sabía camiñar ao revés é un conto boca abaixo e unha historia que nos convida a contemplar o que nos rodea desde un novo punto de vista. Todo é diferente e alí onde antes viamos soamente adoito agora, quizá, podamos ver o ceo.

¡

 

Contenido sindicado


by Dr. Radut