Este ano polo Día do libro, o alumnado de 6º acudiu ás aulas de 2º para contarlles un resumo do libro Don Quijote de la Mancha.
Don Quijote de la Mancha é unha novela escrita polo español Miguel de Cervantes Saavedra.
Este libro foi e é unha referencia permanente na literatura.
Por outra banda, os alumnos de 2º non quedaron atrás, recitaron as estrofas que conforman un poema precioso que podemos atopar no libro Pola rúa dos versos de Ana María Fernández. A continuación podedes ler un pequeno fragmento de dita poesía.
Encontrei unha princesa
nun gran pazo de cristal
e un castelo con cen torres
e tellados de metal.
Unha osa prateada
que sabía cociñar,
un león cunha coroa
que aprendeu a gobernar.
Encontrei catro xigantes
que gustaban devorar
nenos de cabelos loiros
cociñados no xantar.
...