Skip to Content

Actuación do Día da Paz


Empezamos a celebración do Día da Paz coa lectura do novo lema do colexio: "Se aceptamos a xente como é, comezamos con bo pé" nos diferentes idiomas que conviven no centro escolar. Pódese ver o vídeo aquí.

O seguinte foi a lectura dos poemas elixidos para decorar as pombas que se colgaron na entrada do colexio;pódense ver en detalle pulsando aquí.

 

E por último, a marabillosa actuación interpretando a canción de Queen para todo o alumnado do centro e o profesorado.

Deixámosvos este vídeo da actuación dos grupos de 6º polo Día da Paz: voces,teclado,percusión...e unha letra adaptada ao noso Centro nada menos que coa música  do grupo de rock "Queen"!

Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós!

 

Parabéns a todos @s participantes e à mestra de Música do cole en particular!

 



blog | by Dr. Radut